Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Saramago e Aminetu Haidar
Interesante entrevista no xornal El País a José Saramago acerca de Aminetu Haidar, con quen se reuniu no aeroporto de Lanzarote.

"Seremos moralmente máis pobres se Aminetu Haidar morre." (José Saramago)

Interesante tamén o artigo de opinión de Carlos e Javier Bardem no mesmo xornal.
Comentarios (2) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 04-12-2009 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
De Manuel Antonio: Sós
Hoxe síntome Manuel Antonio no seu poema Sós:

...FOMOS ficando sos
o Mar o barco e mais nós

...Roubánronnos o Sol
...O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco

...Roubáronnos o vento
...Aquel veleiro que se evadeu
pola corda floxa do horizonte

...Este oucéano desatracou das costas
...e os ventos da Roseta
ourentáronse ao esquenzo
...As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas do reloxe
...Pero tamén sabemos a maniobra
dos navíos que fondean
a sotavento dunha singladura
...No cuadrante estantío das estrelas
ficou parada esta hora:
...O cadavre do Mar
fixo do barco un cadaleito

.....Fume de pipa......... Saudade
.....Noite...... Silenzo.... Frío
.....E ficamos nós sós
.....Sin o Mar e sin o barco
.....nós.


Veña un grolo por Manuel Antonio e por todas as almas solitarias!
Comentarios (2) - Categoría: De literatura - Publicado o 04-12-2009 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
Free Hugs (apertas de balde)
A proposta de Eva Lozano compartamos este video e unha aperta de amizade!

Comentarios (2) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 03-12-2009 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Louis Armstrong and Danny Kaye: When the Saints Go Marchin' in
Achégovos unha verdadeira xoia que me enviou o meu amigo Fernando.

Trátase de Louis Armstrong e o cómico, cantante, actor e bailarín Danny Kaye a improvisar a dúo sobre o tema When the Saints Go Marchin' In.

Grazas Fernando.

Gozade porque paga a pena!




Comentarios (3) - Categoría: Sala de música - Publicado o 03-12-2009 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Playing for Change
Achégovos este video para que poidades gozar da marabillosa interpretación que un grupo de músicos da rúa de diferentes países fan da canción Stand by Me de Ben E. King dentro dun proxecto que se chama Playing for Change.

Trátase dun movemento multimedia creado para inspirar, conectar, e traer a paz ao mundo a través da música.

A idea do proxecto parte da crenza de que a música ten o poder de rachar fronteiras e acurtar distancias entre as persoas.

Comentarios (3) - Categoría: Sala de música - Publicado o 01-12-2009 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0