Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do bispo que fala de Haití
Oistes as recentes declaracións do bispo de Donostia, monseñor Munilla?

Pois dixo nada máis e nada menos que:

"os españois teñen un problema máis grave có das 'inocentes' vítimas do terremoto en Haití"
(podedes escoitalo aquí)

e quedou tan ancho!

Independentemente do contexto no QUe fixo estas abominabeis declaracións a pregunta que me fago é a seguinte:
Que autoridade ética e moral ten unha persoa que se atreve a dicir isto?

Este señor debería de facer as maletas e marchar para a súa casa.

Xa!
Comentarios (4) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 15-01-2010 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Gustave Mahler: A canción da terra
Para quitar o mal sabor de boca da noticia do terremoto de Haití achégovos este sexto movemento de A canción da Terra (Das Lied von der Erde) de Gustav Mahler, da que falei no post anterior e quero compartir con todos vós.

O movemento que vos propoño é o derradeiro e titúlase Der Abschied (A despedida)

Se podedes seguir a letra é un poema fermosísimo:

O sol déitase tras dos montes.
en todos os vales a noite cae
coas súas sombras cheas de frío
...

Só agardo que a terra cante sempre esta canción e non outras!



Comentarios (2) - Categoría: Sala de música - Publicado o 14-01-2010 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Haití no corazón
Colleume a noticia do terremoto de Haití, coincidencias da vida, a escoitar A canción da Terra de Gustave Mahler.

Que clase de canción macabra e sinitra cantou a terra no intre de asolar Porto Príncipe?

Por que?

Por que sempre os máis miserábeis de entre os miserábeis reciben estes castigos?

Por que?

Están os xornais cheos de fotografías e de crónicas da arrepiante situación na que vivía inmersa a poboación de Haití.

Foi necesario o terremoto para que o mundo enteiro se puxese mans á obra para axudar ao país maís pobre de América e un dos máis miserentos do mundo?

Pero que clase de canción cantou a terra en Haití?

A foto que vos achego é dun barrio de Porto Príncipe antes do terremoto. Como estará agora a zona que aparece retratada?

Non podo nin imaxinalo!

Pero que clase de canción cantou a terra en Haití?
Comentarios (3) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 14-01-2010 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
De Conservas Alfageme

Vaia a miña solidariedade toda cos traballadores da conserveira Alfageme, que levan varios meses sen cobrar e aínda ninguén lles dixo o que vai pasar cunha empresa que foi punteira no tecido industrial galego e está a ir a pique por mor dunha mala, malísima, xestión dos seus actuais propietarios, a familia Lago, que aínda por riba recibiron diñeiro das autoridades.

Seica detrás da mala xestión se atopa un escuro interese inmobiliario por vender os valiosos terreos onde as súas factorías se asentan, especialmente na cidade de Vigo.

Viva a loita dos traballadores de Alfageme!

Votade acerca da saída da familia Lago da empresa aquí.
Comentarios (8) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 13-01-2010 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
Desa Italia que dá medo
Ollade esta terríbel noticia que publica hoxe o diario El País.

O brote de violencia racial en Italia aviva o debate sobre os inmigrantes

Eles, os italianos, que emigraron coma nós polos catro cantos deste mundo, que coñeceron penurias e inxustizas, que nevegaron polos mares coma escravos...

Eles votaron un goberno que dá medo!

Dende detrás de todas esas historias cutres de sexo puro e duro na mansión de Berlusconi en Córcega, dende detrás das cirurxías estéticas e dos implantes capilares do presidente, dende detrás das súas bromas de mal gusto nos cumios europeos comeza a agromar a realidade.

E a realidade é a persecución do inmigrante, as malleiras nocturnas ao mellor estilo dos nazis, a detención dos "sen papeis"...

Esta Italia dame medo. Xa o dixen algunha vez neste recuncho virtual.

Como podemos parar esta tolemia?

Que podemos facer para deter a loucura que parece ter apreixada a Italia toda?

Comentarios (9) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 11-01-2010 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Fuxan os Ventos: O carro
Canto lle debemos nas nosas vidas a Fuxan os Ventos!

Cantos intres de ledicia e de loita compartida, cantos intres de amizade e de canto arredor do viño e a queimada cando aínda nos sentiamos quen de cambiar o destino do mundo!

Cantos momentos que viñeron de volta á miña mente ese pasado día de Reis cando entre os agasallos a pé da lareira atopei con grata sorpresa o disco/DVD Terra de Soños, de onde tiro este video que vos achego:

Non canta na chá ninguén, por iso meu carro canta!

Vaia unha débeda que teño na vida coa música de Fuxan os Ventos!

Comentarios (8) - Categoría: Sala de música - Publicado o 10-01-2010 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Ábrese o pano
Benvidos a un novo ano.

Moita sorte para todos!

Cantas cousas nos quedan por escribir!

Cantas opinións para intercambiar!

Cantas conversas!

Comecemos 2010 cun bo baile ao Fred Astaire.

A canción titúlase Puttin' on the Ritz:

Have you seen the well-to-do up and down Park Avenue...

If you're blue and you don't know where to go to
why don't you go where fashion sits,
putting on the ritz
putting on the ritz
putting on the ritz


Bailemos pois, que o pano acaba de abrirse.

Veña un grolo por nós todos!

Comentarios (5) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 10-01-2010 01:56
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0