Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da herba mollada
Nada máis impresionante que a cor da herba hoxe que saíu por fin o sol logo dos moitos temporais!

Nada máis impresionante que o arrecendo da terra mollada!

Nada máis impresionante que o sol agarimoso a secala!

Nada máis impresionante que a sensación de que algún día nos bañaremos de novo en primavera!

Unha esperanza lonxana, a primavera...
Comentarios (1) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 10-02-2009 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
Do caso que se nos fai aos escritores galegos
O meu amigo Xosé Monteagudo di que comparte comigo a diagnose en cinco puntos que fixen da literaura galega como resposta á pregunta

Cre vostede que se lle fai o suficiente caso aos escritores de Galicia?

que me fixeron no blog de Galaxia.

Repito, entón, o que dixen naquel momento:

1.- Librarías: Cando un entra na meirande parte das librarías case ten que bucear (sen tubo nin gafas nin bombona, chámase apnea?)para atopar o lugar onde está agachada a literatura en galego, se é que a hai (xa non só a literatura galega: dáse o caso das traducións de Paul Auster, por exemplo, que tampouco adoitan estar á vista do cliente á beira das versións en castelán).

2.- Prensa: A literatura galega nos xornais de meirande tirada aparece (se é o caso) cara ao final, no lugar que deixan libre as esquelas (máis mortos menos libros e vice versa). Iso son as páxinas de cultura. Para a prensa do país é máis importante o nacemento dunha tenreira de cinco patas e tetos dobres que a edición dunha novela de gran calidade literaria.

3.-Televisión: Os programas de libros divúlganse a horas intempestivas (O programa dedicado ao meu Libro das alquimias en marzo de 2008 emitiuse un luns á unha e media da mañá. Audiencia potencial: sonámbulos varios e zapeadores desesperados).

4.-Público (non concienciado nin militante da causa): Cando sae o libro en castelán?

5.-Proxección internacional: 0 (cero) (menos que o viño albariño e os mexilóns)

6.-Profesonalidade: Os libros galegos (fóra de dous ou tres afortunados) están escritos no tempo de lecer dos seus autores. A profesionalidade do autor é unha entelequia imposíbel de acadar no noso sistema literario.
Que sorte tivo a J.K.Rowling de escribir os Harry Potter en inglés!
Por certo, que veña un grolo pola Rowling!
Comentarios (5) - Categoría: De literatura - Publicado o 10-02-2009 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Agradecemento a X. C. Caneiro
Baixo o título de FELIZ LITERATURA, o pasado 17 de xaneiro publicou Xosé Carlos Caneiro na súa columna "Club Dandi" do suplemento Culturas de La voz de Galicia, o seguinte parágrafo:

"A min sorprendeume moi gratamente Shakespeare destilado de Xesús Constela. É do máis divertido que teño lido nos últimos tempos. Un acopio de lucidez e ironía, de literatura contra a literatura e a favor dela. Novela ebria, caótica en ocasións, monologática e en bucle. Intensa na súa brevidade, plena de risa. Aire fresco. Unha lectura cómoda, áxil, febril en ocasións pola voz magnífica do narrador. Recomendo con ansia este texto, que se nos queda escaso na súa extensión, que é un dos varios que propuxo Galaxia para pechar 2008 e iniciar este 2009 con fruición literaria."

Grazas, Caneiro. De todo corazón!
Comentarios (2) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 10-02-2009 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
De Eluana Englaro (3)
Acabo de saber pola radio da morte de Eluana Englaro.
Comentarios (5) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 09-02-2009 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Goran Bregovic: Bubamara
A bubamara é música de festa zíngara .

A versión que vos propoño é de Goran Bregovic e pertence á banda sonora da película Gato negro, gato branco, de Emir Kusturica, á que pertencen as imaxes.







Comentarios (5) - Categoría: Sala de música - Publicado o 09-02-2009 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
Do circo electoral
Coincide o comezo desta precampaña electoral co paso do Eurocirco pola cidade de Pontevedra.

Xúntanse, logo, nos farois de estradas e avenidas os cartaces coas fotos dos candidatos e os anuncios do circo.

Tirade as reflexións que queirades que o asunto dá para moito pensar!
Comentarios (3) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 09-02-2009 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
De Eluana Englaro (2)
Dúas frases para avivar o debate:

Bieito XVI, o Papa, onte na Praza de San Pedro, en Roma:

"La vita umana è bella
anche se avvolta dal mistero della sofferenza
"
(A vida humana é fermosa, mesmo envolta no misterio do sufrimento)

Beppino Engaro, o pai de Eluana, nunha entrevista no xornal El País, onte:

?A condena a vivir baixo calquera condición é moito peor ca unha condena a morte?

É o sufrimento un misterio?
A vida de Eluana é fermosura ou condena?
Comentarios (1) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 09-02-2009 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
De Eluana Englaro

Eluana Englaro aínda non ten vinte e nove anos.
Vainos facer en novembro.
Leva dezasete en estado de coma vexetativo logo dun accidente de coche.

Postrada nunha cama de hospital, seu pai conseguiu da Xustiza Italiana o dereito a "desconectala" para deixala morrer con dignidade.

Silvio Berlusconi négase a asinar a autorización para que os médicos poidan facelo.

O Vaticano, como era de agardar, oponse frontalmente ao que considera unha aberración.

Mesmo as monxas da clínica Beato Luigi Talamoni, en Lecco (norte de Italia) piden poder seguir a coidala.
"Se hai quen a considera morta, que deixe que Eluana permaneza connosco, que a sentimos viva"

Ábrese o debate!


Comentarios (4) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 06-02-2009 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
NIAGARA: J'ai vu
Déixovos cunha reliquia do ano 90.
J'ai vu (Eu vin) do grupo Niagara.
Pasaron xa moitos anos e a estética do video quizais estea un pouco desfasada.
A letra da canción, porén, non perdeu actualidade ningunha:

"J'ai vu Berlin, Bucarest et Pékin comme si j'y étais.
Matin et soir le nez dans la télé c'est encore plus vrai...

Estiven en todos os combates perante a pantalla,
ao mesmo tempo en Soweto, na China e no Líbano,
a lanzar pedras na fronteira de Gaza, e non me arrepinto...


Vin a guerra, a vitoria, estiven a pé dos seus fusís.
Vin o sangue na miña pel. Vin a fereza dos berros...


Un homme ce matin s'est jeté sous un train
abandonné comme un chien...

J'ai vu la guerre, a victoire...
"

Comentarios (0) - Categoría: Sala de música - Publicado o 06-02-2009 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica de Eyré ao Shakespeare destilado
XM Eyré publica na súa bitácora un avance da crítica ao meu Shakespeare destilado.
Veña un grolo polos críticos!
Comentarios (2) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 05-02-2009 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0