Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Xerónimo, o xefe dos Apaches
Xerónimo, o nome que os Estados Unidos puxeron á operación para matar a Bin Laden, era un xefe guerreiro apache, o derradeiro gran xefe da tribo dos apaches chiricahuas.

E foi tamén un dos máis decididos opositores ao dominio dos brancos.

No ano 1874 asumiu o mando da tribo deportada á reserva de Fort Sill, Arizona.

A partires de 1880, morto o xefe Victorio, púxose á fronte dun grupo de guerreiros e comezou o ataque ás forzas do xeneral George F. Crook para evitar a cesión do seu territorio.

En 1884 foi apreixado, pero escapou e continuou a súa encarnizada resistencia ao longo de dous anos.

Unha vez que quedou sen recursos, decidiu entregarse voluntariamente ao xeneral Miles, coa condición de ser reintegrado a Arizona.

Pero foi considerado coma un criminal e condenado a varios años de traballos forzados.

Cando conseguiu a liberdade en 1894 instalouse en Oklahoma coa súa familia e dedicouse a traballar no campo e a vender fotografías súas en exposicións.

Converteuse ao cristianismo no ano 1903 e ditou a súa autobiografía pouco antes de morrer.

Por que demo as autoridades americanas cometeron a inxustiza de poñerlle o seu nome á caza e captura de Bin Laden?

Comentarios (2) - Categoría: Persoeiros singulares - Publicado o 05-05-2011 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 ...Estão sem criatividade! O nome#blgtk08# não justifica a causa!!
Comentario por Solange Villamar Couto (06-05-2011 20:14)
2 Teño gran simpatía polos indíxenas apaches de Norteamérica, espallados por varios estados de Estados Unidos e polo norte de México. Eles non se chamaban a si mesmos "apaches", senón que esta denominación foi posta polo conquistador a partir dun vocablo das comunidades indíxenas. Estaban organizados xentiliciamente, coma os antigos gregos, romanos e pobos prerromanos na península Ibérica, o que quere dicir que unha comunidade, nun mesmo estadío civilizador, tende a organizarse de forma parecida, neste caso en gens ou "gent#blgtk08#ilidades" que recoñecen a un antepasado común, mítico ou real. Es estado de natureza, non desenvolveron casi institucións comunitarias, só as imprescindibles para a vida en común. Rousseau -creo ter leído algunha vez- tivo noticia deles e a intención de estudales, o cal non é extraño porque estiveron en contacto con colonizadores españois antes que con calquera outro europeo. Os maiores estragos os sufriron de mans do home branco anglosaxón durante o século XIX, nunha especie de sino cego que parece que guía á humanidade.
Comentario por Guereñu (10-11-2012 19:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0