Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Fonda indignación coa Xustiza Española
Ando estes días fondamente indignado.

Indignado coa Xustiza Española, que vén de impedir que unha coalición de partidos bascois, Bildu, que inclúe persoeiros de fonda e innegábel tradición democrática (xa alcaldes e concelleiros na actualidade por Eusko Alkartasuna e por Alternatiba) se presente ás vindeiras eleccións municipais por "estar contaminadas as listas por Batasuna".

Indignado porque iso supón que en realidade en España só se pode prsentar ás elecciuóns aqueles que teñan o beneplácito absoluto dos dous grandes partidos maioritarios (PP e PSOE), xa que os que votan este tipo de sentencias son os seus representantes no Tribunal Supremo, integrado por "Conservadores" (PP) e "Progresistas" (PSOE).

Se a cousa é asi: VOTEMOS TODOS AOS XUICES DO TRIBUNAL SUPREMO!

Outra de Tribunais: Lede esta noticia que hoxe trae o xornal EL País: O PP usa unha lei contra Batasuna para excluir das urnas a un alcalde galego.

Si. Lestes ben. É unah historia longa e retorta para que o alcalde nacionalista de Arzúa non poda presentarse ás vindeiras eleccións.

E iso acontece mentres o presidente de Valencia, Francisco Camps, si pode encabezar as listas do PP pola súa comunidade malia estar metido até as orellas nun grave caso de corrupción coma é o caso Gürtel!

Por certo, que os dous únicos personaxes xulgados até o momento pola Xustiza Española polo caso Gürtel foron o denunciante da cadea de corrupción e o xuiz que investigou o caso.

Pero non pasa nada!

Non.

Non pasa nada!

O PP sabe que andar a enlear a política nos tribunais (ou os tribunais na política) pode resultarlle electoralmente beneficioso.

Vaia se o saben!

Que clase de Xustiza democrática é esta?

Parecemos unha república bananeira!


Comentarios (2) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 04-05-2011 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Eu xa non che sei que pensar de toda esta merenda que se #blgtk08#está montando! Non entendo nada.

Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (05-05-2011 07:56)
2 Ten todas as acracterísticas de manipulación da Xustiza en favor do PP. A X#blgtk08#udicatura española é unha das cousas que menos cambiou dende o Franquismo.
Comentario por Xesús Constela (05-05-2011 12:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0