Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Por unha Rede popular de ensino en galego
Dende aquí podedes apoiar a creación dunha rede poular de escolas en galego.

O prazo remata o vindeiro 17 de maio.

Facédelle publicidade!

Esta é a definición da rede:

Estará composta por un conxunto de instalacións de ensino de tódolos niveis e modalidades que teñan como obxectivo a transmisión de coñecementos científicos e útiles para a formación integral da persoa e que a lingua vehicular (lingua franca), a do ensino sexa o galego.
Que a formación da persoa sexa realizada con criterios de pluralismo, respecto, tolerancia, diversidade, fora de toda influencia relixiosa (laico).
O conxunto das escolas (da rede popular) estará ao servizo do Pobo de Galiza, para poder ser usada por tódolos seus habitantes, será universal, e para todas aquelas persoas que desexen recibir unha educación en lingua galega.
A rede popular e cada unha das escolas, será privada, sendo os seus propietarios os seus usuarios e impulsores, correspondendo á comunidade escolar no seu conxunto a xestión educativa de cada centro e a participación no global da rede.
A rede manterá a súa independencia dos poderes políticos, a pesar das axudas que por lei lle puideran corresponder e desempeñarán a súa función para acadar os máximos resultados de competencia dos seus alumnos/as equiparables a nivel europeo, conforme ao establecido na lexislación educativa vixente.
En adíante e para evitar calquera interpretación que dificulte o seu contido a Rede popular galega privada de ensino en galego, pasará a denominarse:
Rede popular de ensino en galego.


1.- Apoio a creación dunha asociación popular ?Galiza co Galego? que acade recursos económicos para a creación dunha rede popular galega privada de ensino en galego, a todos os niveis, con especial atención dende os niveis inferiores (de cero a 6 anos), deica a finalización da educación obrigatoria (sobre os 16 anos).

2.- Apoio a creación dunha asociación popular ?Galiza co Galego? cun ideario laico e pluralista.

3.- Apoio a creación dunha asociación popular ?Galiza co Galego? que promova e apoie as escolas privadas laicas que usen o galego como lingua de ensino.

4.- Apoio a creación dunha asociación popular ?Galiza co Galego? que busque a consecución por medio do ensino en galego, con métodos científicos a competencia lingüística nas linguas romances de tronco común como o portugués, catalán, castelán, francés, italiano,...

---> Aplicación da didáctica comparada das linguas romances: francés, italiano, galego, castelán, catalán, portugués....de xeito que se acade a competencia lingüística de comunicación oral e escrita nunha delas, ademais do castelán, e noutras a competencia nos recursos para a súa comprensión escrita e a profundidade no seu estudio.

5.- Apoio a creación dunha asociación popular ?Galiza co Galego? para desenvolver un ensino científico e de calidade, que ademais permita acadar a competencia lingüística noutro idioma como o inglés, alemán, ruso, chinés..... e que procure nocións da lingua vasca (éuscaro), como outra lingua do Estado Español.

---> Aplicación dos métodos e medios pedagóxicos precisos para acadar un ensino científico e de calidade, poñendo especial atención á formación solidaria en respecto aos dereitos humanos e ao medio, para o crecemento persoal e realización do individuo formado.
Estudo doutra lingua diferente das romances, como exemplo: Inglés, Alemán, Ruso, Chinés....que permita a súa competencia lingüística.

6.- Apoio a creación dunha asociación popular ?Galiza co Galego? que axude as familias para facilitarlles os medios, as ferramentas, para que poidan desenvolver a súa vida con normalidade en galego.

---> É un dereito do Pobo e polo tanto unha obriga da asociación popular favorecer na medida das posibilidades a inclusión de tódalas persoas na rede de ensino con independencia dos seus recursos económicos. A asociación popular buscará os recursos necesarios para poder dar escola en galego a quen o precise. Tamén promoverá todo tipo de actividades co gallo de que as familias poidan ter un espazo en galego no que poder convivir.

7.- Apoio a creación dunha asociación popular ?Galiza co Galego? que unha vez en marcha de inmediato poderá poñer en práctica o proxecto educativo global en galego, como pode ser en convenio cos centros de ensino privados existentes, ou coa creación de novos centros.

---> Á rede popular de ensino en galego poderán adherirse calquera centro que o desexe, sempre e cando se garanten os seus principios de pluralismo e laicidade e se poña en práctica o proxecto educativo da rede popular de ensino.
Será necesario que os centros cumpran cos aspectos pedagóxicos e os principios de realizar o ensino en galego, laico e pluralista da rede popular de ensino en galego. A comunidade educativa participará na xestión global da rede.

8.- Apoio a creación dunha asociación popular ?Galiza co Galego? que reclame da administración pública os recursos económicos precisos para o desenvolvemento dunha rede galega de ensino en galego, tanto na súa parte pública como privada.

---> Reclamarase da administración os recursos precisos, como o material didáctico , escolar, os libros de texto, a concesión de becas...

9.- Tendo en conta que a asociación popular ?Galiza co Galego?, contará con asociados nun número inicial de 3000, que ao mesmo tempo, na maior dos casos serán beneficiarios da rede de ensino en galego, comprometo a miña afiliación, á asociación popular ?Galiza co Galego?, cunha cota anual de 100 a 200 euros, que farei efectiva no momento da súa constitución.

---> A asociación popular ?Galiza co Galego? non terá ánimo de lucro, disporá duns estatutos democráticos, favorecedores da participación e control por parte dos asociados, supervisando que as escolas da rede de ensino en galego cumpran coa súa función e os principios fundacionais de laicidade, ensino en galego e pluralidade.
O inicio da actividade terá lugar cando se acaden 3.000 socios que farán posíbel alcanzar os recursos económicos precisos para o funcionamento da primeira escola.
A cota establecerase anualmente en base ao presuposto anual do funcionamento do primeiro centro de ensino, nos limites que se establecen. A cantidade económica da cota dos socios terá a consideración de creto, ou fondo, ou garantía para o funcionamento das escolas.
O gasto orixinado do mantemento do centro de ensino promocionado pola asociación, será asumido polo seus usuarios.
Á finalización do curso farase un balance social e pedagóxico do funcionamento da rede e das escolas, aportando no seu caso as medidas correspondentes para manter o máximo nivel de competencia educativa.
Á finalización do curso farase un balance económico dos gastos da asociación e dos recursos económicos empregados, podendo rescatarse parte ou todo do aportado, dependendo do resultado.
A renovación da cota anual farase cada ano nos termos indicados e calculada en base o reparto do gasto entre todos os asociados en relación aos proxectos a desenvolver, e sempre nos límites económicos establecidos para a mesma.

As axudas económicas extraordinarias de persoas ou entidades (privadas ou públicas), non serán aportadas directamente a asociación senón ás familias, como por exemplo becas, material, uso de inmobles.....
Comentarios (0) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 27-04-2011 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0