Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da intervención da economía portuguesa
A economía portuguesa está a ser intervida polo Fondo Monetario Internacional e as súas contas olladas con lupa polo Banco Central Europeo e a Unión Europea.

As conversas entre a troika comunitaria e o goberno portugués están a ser segredas.

Pero a prensa portuguesa publica filtracións que falan de:

- privatizacións de case todas as empresas públicas, incluídas as autoestradas, que xa son todas de pago, os aeroportos, os hospitais...

- co-pago (ou pago completo) dos medicamentos e de todos os servizos da Sanidade Pública de acordo coa renda do usuario.

- conxelación ao longo de varios anos dos salarios dos funcionarios públicos e reestruturación do sector.

- conxelación e mesmo rebaixa das pensións e supresión de pagas extras para todos os pensionistas.

Nada se fala de impostos especiais para as rendas máis altas.

Isto só é un exemplo do que aparece estes días na prensa portuguesa.

Dá pánico!

Achégovos unha fotografía tirada na Praça do Rossio de Lisboa.

Mans arriba!
Isto é unha axuda externa!

Comentarios (2) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 25-04-2011 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Coma sempre, tócalle sofrir o engano e abuso ao sector máis débil, #blgtk08#ao que non se pode defender coa carteira.

Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (26-04-2011 07:53)
2 Cando tivo lugar a revolución dos craveis, os anos seguintes foron moi axitados, pero os partidos de esquerda xogaron un papel importante na socialización do país. Hai un ensaio moi ben escrito -na miña opinión- sobre o papel xogado polo partido soci#blgtk08#alista portugués no desmantelamento do estado social portugués por esixencias da Unión Europea. É unha gran mágoa que non houbese máis fortaleza por parte duns e doutros neste asunto. Así Portugal volveu a estar rexido segundo as normas do mercado.
Comentario por Guereñu (11-11-2012 00:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0