Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Léopold Sédar Senghor: Muller negra
Xa trouxen a Léopold Sédar Senghor ao Tiñádelo que ver aló por xaneiro do ano 2009.

Convídovos a lerdes un fermoso poema no que identifica África cunha muller negra... ou ao revés... quen sabe?
En parte nisto reside a fermosura do poema.

Pechade os ollos e sentídevos nas sabanas do Senegal...

É o xeito de entender un poema tan pegado á terra.

Muller espida, muller negra,
vestida coa túa cor que é vida, coa túa forma que é beleza.
Medrei á túa sombra; a dozura das túas mans era coma unha fita polos meus ollos
e resulta que agora,
no medio do verán, no corazón do mediodía, te descubro, dende o alto dun outeiro calcinado,
Terra prometida.
A túa beleza sacúdeme en pleno corazón, coma un lóstrego de aguia.

Muller espida, muller escura.
Froito maduro da carne preta, escuros éxtases do viño tinto, boca que troca en lírica a miña boca,
sabana de horizontes purísimos, sabana estremecida nas caricias ferventes do vento de levante,
tam-tam esculpido que retumba golpeado polos dedos vencedores;
a túa voz grave de contralto é o canto espiritual da ben amada.

(...)

Muller espida, muller negra,
eu canto a túa beleza que pasa, forma que fixo no eterno,
antes de que o destino envexoso te transforme en cinzas que alimentan as raíces da terra.
Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 31-03-2011 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Incrível como doces palavras alimentam a al#blgtk08#ma e as savanas!
Maravilhoso Xesús!
Comentario por Solange Villamar Couto (31-03-2011 21:06)
2 África ten moito de especial, de maxia e beleza pura, virxe, ance#blgtk08#stral...
Fermoso poema que fala directamente da terra-nai.
Comentario por Eva Lozano (31-03-2011 22:23)
3 África é unha terra que vive nun mundo que lle deu as costas e agacha un paraíso, tanto na paisaxe coma na xente. Un paraíso mergull#blgtk08#ado nunha pobreza intolerábel culpa deste primeiro mundo que habitamos onde xa no queda nada por decubrir agás as rebaixas de Zara.
Comentario por Xesús Constela (01-04-2011 09:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0