Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Barco a piques de ser botado
Veño de rematar unha novela.

Ides permitir que non revele por agora o título nin o contido. Seredes vós, lectores, quen o descubrades.

Logo virán as vosas opinións, lectores, cando a teñades na man unha vez publicada, cando vos deitedes no voso sofá favorito ou, quen sabe, qizais enriba da toalla nunha praia baixo dun parasol porque o verán terá chegado, ou tapados cunha manta á calor da lareira (ou dunha estufa eléctrica) porque estaremos xa no inverno e os meses terán transcorrido (Ai do tempo implacábel sempre no seu paso!).

Vós teredes a última palabra.

Vós e os críticos, que se entregan á descodificación daquilo que os autores codificamos nos nosos escritos.

Até agora o traballo foi longo, moi longo, e foi solitario e calado, e tamén silencioso...

Pero agora a novela está por fin rematada.

Un meu barco a piques de ser botado.

Que teña unha boa viaxe!




Comentarios (6) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 28-03-2011 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Que maravilha Xesús! É uma ótima noticia!
Não tardará em aparecer os frutos deste trabalho, que sem dúvid#blgtk08#a alguma, requer muito tempo de dedicação.
E as ondas...E as correntezas do mar o farão chegar!!
Comentario por Solange Villamar Couto (28-03-2011 21:25)
2 Moitas grazas, Solange. Só espero que este libro estea axiña#blgtk08# nas túas mans. Pero o tempo vaino marcar a edición.
Comentario por Xesús Constela (28-03-2011 21:54)
3 Parabéns, Xesús. Será un pracer tela nas mans, e#blgtk08#stou segura...
Un grolo por ti e por ela!
Comentario por Eva Lozano (28-03-2011 22:58)
4 Terédela tan axiña #blgtk08#como sexa posíbel.
Comentario por Xesús Constela (29-03-2011 14:10)
5 Esperaba con ilusión, seguro axiña estará nos andéis das librarías, das bi#blgtk08#bliotecas e nas nosas mans. Xa me tarda. Un grolo para entreter a espera.
Comentario por Eva Carpente (29-03-2011 22:57)
6 Veña ese gro#blgtk08#lo!
Comentario por Xesús Constela (30-03-2011 12:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0