Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Unha reunión en Catoira
Velaquí vai unha foto tomada onte por un personaxe anónimo nun restaurante de Catoira.

O reparto:
Por orde de aparición na imaxe, de esquerda a dereita: eu mesmo, Xesús Constela, Xosé Monteagudo, ?un tipo listo? e con moitas palabras aínda por dicir, Anxos Sumai, amiga sempre de garda, que viña de plantar patacas con súa nai (a escritora na terra), Antón Riveiro Coello, o autor coas mans máis suaves no noso sistema literario (segundo puidemos descubrir e mesmo fotografar), e Adolfo Caamaño, grande e soberano, cos petos da alma sempre ateigados de historias.

Os vasos da mesa aínda estaban baleiros e as cartas co menú seguían sen abrir?

Era apenas o comezo dunha tarde (moi longa e moi fermosa, desas que se lembran por moito tempo) na que a conversa e as risas aboiaron por riba, por baixo e polas beiras todas de nós. A Sumai mesmo chanceou sobre moderar un diálogo que nunca se deixaría moderar. (Como tentar canalizar a forza dun río embravecido)

Pode que fose o licor café, pode que o tempo que levabamos sen nos xuntar todos. Que sei eu? Cantas cousas se poden falar!

A chuvia teimuda mantívonos encerrados debaixo dun velador de plástico branco macerados en humidade e palabras. Nada de pasear polas Torres do Oeste. Imposíbel! A meteoroloxía obrigounos a falar sentados arredor dunhas mesas de terraza ateigadas de cuncas e vasos de continuo baleiros e de continuo cheos (reloxos que marcaron o paso do tempo, que se evaporou sen nos decatar)

Só faltou que o Riveiro Coello collese unha guitarra que había no bar e se puxese a tocar.

Sabíao dende antes de coller o tren con Adolfo na estación de Pontevedra: Non foi a literatura quen nos convocou (que podería ter sido).

Foi a amizade.

Veña un grolo, entón!
Comentarios (7) - Categoría: De literatura - Publicado o 27-03-2011 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Unha reunión estupenda, Xesús, que ben o pasas...
Ás veces a choiv#blgtk08#a nun día así mesmo se agradece...
Un grolo (máis) por todos vós!
Comentario por Eva Lozano (27-03-2011 16:19)
2 Pois si. Foi un día magnífico#blgtk08#. Veña o grolo por ti tamén!
Comentario por Xesús Constela (27-03-2011 18:40)
3 Com certeza deve ter passado horas muito agradáveis, principalmente em estar tão #blgtk08#bem acompanhando.
Que bom que temos vocês!!
Uno-me ao grolo de Eva!
Comentario por Solange Villamar Couto (27-03-2011 20:44)
4 Moito se aprende e moito se conta nesas sobremesas! Como di Eva, ás veces ata hai que agradece#blgtk08#r que chova, non si?

Veña logo un grolo pola amizade!

Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (28-03-2011 07:34)
5 Pois si. Son amante da conversa e das pal#blgtk08#abras... e nalgunhas ocasións da choiva!
Comentario por Xesús Constela (28-03-2011 10:13)
6 A amizade ben m#blgtk08#erece un grolo.
Comentario por A cruz da Campá (28-03-2011 12:30)
7 De seguro que nese dia de chuvia no exterior non faltaron grolos, como dis. Se esta vez xuntouvos a amizade, no principio foi a l#blgtk08#iteratura. Todo isto da un produto moi bo: para vos a ledicia da xuntanza e para nos a ledicia da vosa obra. Un grolo por todos.
Comentario por Eva Carpente (28-03-2011 15:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0