Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

D'As viaxes de Gulliver de Jonathan Swift
Se non tedes lido As viaxes de Gulliver de Jonathan Swift (Dublín 1667?1745) é unha lectura que vos recomendo de verdade.

Prodúceme mágoa pensar que por mor das diferentes adaptacións infantís e xuvenís desa 1ª parte na que se fala da viaxe de Gulliver a Lilliput o libro de Swift, mestre da ironía, poida ás veces pasar por un libro para nenos.

Nada máis lonxe da realidade.

Jonathan Swift pretendía, e conseguiuno, facer un retrato irónico da sociedade da súa época (non moi diferente da nosa, non vaiades pensar) cos seus defectos, as súas taras e as súas lacras.

Por iso creou ese fantástico personaxe do capitán Lemuel Gulliver, que cada vez que se bota ao mar se atopa en situacións singulares que xiran arredor dun paradoxo: Na terra de Lilliput é un xigante entre ananos, en Brobdingnag un anano entre xigantes, e un ser humano avergoñdo da súa condición nunha terra poboada por cabalos sabios que son máis humanos cós propios homes.

Eu gosto especialmente da segunda parte e recoméndovos a súa lectura. É grandiosa unha escena na que o capitán Gulliver está enriba dunha mesa na que un grupo de xigantes da terra de Brobdingnag celebran un banquete. O protagonista comenta aterrado o feos que son con eses repugnantes poros abertos na súa pel. (Son os ricos e os seus defectos vistos polos que se atopan por debaicxo deles) Gulliver non é para eles nada máis ca un pequeno xoguete.

Unha boa lectura para estes tempos de crise!
Comentarios (5) - Categoría: De literatura - Publicado o 26-03-2011 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Graciñas pola reconmendación. Eu xa non leo tanto coma antes, pero o certo é que teño lido escasísimos clásicos, non sei ben por que, pero no instituto rexeitaba ler o que me mandaban, e lía moito, p#blgtk08#ero o que eu quería. Despois comecei a ler outro tipo de cousas, e seguín deixando de lado aos clásicos. Non sei, pode que algún día comece a facelo porque sei que pagan a pena, claro que si!
Comentario por Eva Lozano (26-03-2011 11:59)
2 Asegúriche que As viacxes de Gulliver deixan pegada. Xa me gustaría escribir unha(s) #blgtk08#historia(s) tan fermosa(s). O do realismo máxico xa o inventara Swift no século XVII!
Comentario por Xesús Constela (26-03-2011 12:06)
3 Estou em falta com minhas leituras. O tempo passa muito rápido e tanta coisa por fazer...#blgtk08#
Com certeza, este será o próximo que irei buscar!
Obrigada pela sugestão.
Comentario por Solange Villamar Couto (26-03-2011 14:04)
4 Tes razón cando dis que pode parecer un libro para nenos, eu tiven sempre esa opinión porque o que lin foi precisamente "Gulliver en el país de lo#blgtk08#s enanos" e "Gulliver en el pais de los gigantes" que me trouxeron os Reis cando tiña 9 anos. Teño bos recordos, si, pero de un libro para nenos.
Comentario por Eva Carpente (28-03-2011 15:39)
5 Cando me deron a ler (fai xa moitos anos) "As viaxes de Gulliver", creín que era un libro de aventuras para xente da miña #blgtk08#idade (un mozo por aquela), pero descubrín que era moito máis. Anos máis tarde volvín a ler o libro: aínda aprendín máis.
Comentario por Guereñu (11-11-2012 01:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0