Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Lectura de Rosalía en Pontevedra

Hoxe, 24 de febreiro, ás oito do serán na Libraría Michelena de Pontevedra (Alameda, 8) acudiremos un grupo de escritores para lermos poemas de Rosalía de Castro.

O acto está organizado pola AELG e consistirá na lectura simultánea de textos rosalianos en varias cidades e vilas do país, como xa se fixo o pasado 2010. Durante estes actos lerase tamén un manifesto que defina explicitamente o noso reclamo da actualidade da obra e pensamento rosaliano e a súa transmisión didáctica ás novas xeracións a través tamén da implicación da escola, así como a nosa demanda dun Panteón de Galegos Ilustres que de verdade sexa de titularidade pública e de uso laico, aberto a todas as persoas que a queiran honrar como unha das personalidades fundadoras da nosa nación, xunto aos demais ilustres que alí descansan, para reforzo e orgullo da nosa memoria colectiva.

Eu lerei o poema 22 de Cantares gallegos:

Mais ó que ben quixo un día,
si a querer ten afición,
sempre lle queda unha mágoa
dentro do seu corazón.

Aló nas tardes serenas,
aló nas tardes caladas
fainse maís duras as penas
que nas brandas alboradas.

Aló nas tardes sombrisas
aló nas tardes escuras
fainse maís cortas as risas
máis negras as desventuras.

Que non hai sera tranquila
para quen remorsos garda,
e máis presto se aniquila
canto máis a noite agarda.
Comentarios (9) - Categoría: De literatura - Publicado o 24-02-2011 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Que boa idea e que ben o ides pasar.
#blgtk08# Un groliño por Rosalía e os seus lectores!
Comentario por E Carpente (24-02-2011 14:33)
2 Que vaia moi ben!!
Ú#blgtk08#nome ao grolo por Rosalía!
Comentario por Eva Lozano (24-02-2011 16:38)
3 É un grolo que co#blgtk08#mparto con ganas.
Comentario por Xesús Constela (24-02-2011 17:42)
4 É mesmo brilhante esta idéia! Tenho certeza o quão irão desfrutar destas leituras.
Imagino a sua interpretação e emoção ao ler este poema! Por sinal, maravilhoso!!
Gostaria imensamente que tivéssemos aqui algumas homenagens póstumas a diversos escritores, e, entre tantos, eu gostaria (se pudesse ler o seguinte poema de Cecília Meireles (uma de minhas preferidas):

"Transição"
O amanhecer e o anoitecer
parece deixarem-me intacta.
Mas os meus olhos estão vendo
o que há de mim, de mesma e exata.

Uma tristeza e uma alegria
o meu pensamento entrelaça:<#blgtk08#br /> na que estou sendo a cada instante,
outra imagem se despedaça.

Este mistério me pertence:
que ninguém de fora repara
nos turvos rostos sucedidos
no tanque da memória clara.

Ninguém distingue a leve sombra
que o autêntico desenho mata.
E para os outros vou ficando
a mesma, continuada e exata.

(Chorai, olhos de mil figuras,
pelas mil figuras passadas.
e pelas mil que vão chegando,
noite e dia... -- não consentidas.
mas recebidas e esperadas!)

Cecília Meireles


Comentario por Solange Villamar Couto (25-02-2011 00:26)
5 Verdadeiramente marabilloso o poem#blgtk08#a de Cecília. Grazas por envialo!
Comentario por Xesús Constela (25-02-2011 14:43)
6 Obrigada você Xesús pelo espaço e pela oportunidade de com#blgtk08#partilharmos tantas coisas boas que só fazem bem pro ego!
Comentario por Solange Villamar Couto (25-02-2011 15:17)
7 Rosalía. Sempre Rosalía, afastada e cercana, canta desde dentro a todo o que ocorre fóra, sempre sentindo no máis fondo cada cousa que a rodea!
Canto apr#blgtk08#endín desa gran muller!

Un saúdo.

P.D.: O poema que achega Solange, de Cecilia Meireles é fermosísimo. Grazas por dalo a coñecer.
Comentario por A nena do paraugas (27-02-2011 11:51)
8 Esqueceume o grolo por Rosalía.#blgtk08#.. Un e mil! Os que faga falta!
Comentario por A nena do paraugas (27-02-2011 11:52)
9 Que bom que gostaram! Obrigada vocês!!!
Cecília Meireles deixou uma enorme quantidade de obras, teve uma vida bastante #blgtk08#interessante de se conhecer.
Se quiserem podeis fazê-lo por aqui: http://www.releituras.com/cmeireles_bio.asp
Comentario por Solange Villamar Couto (27-02-2011 13:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0