Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Un agasallo de aniversario
Quixera achegar un agasallo para Eva Lozano, que hoxe, vinte e tres de febreiro está de aniversario, seica.

Trátase dunha fotografía de meu fillo Raúl feita na praia de Santa Comba, na parroquia de Covas, en Ferrol.
(É unha mágoa que non se poida meter o mar dentro dun sobre coma quen mete unha carta)

Para Eva as escumas do mar
e tamén a bravura das ondas
e o arrecendo salgado do ar

Para Eva o chío lonxano dunha gaivota
e a brisa que acariña a face
e as embestidas da auga contra as rochas

O mar todo, enteiro, pleno,
para Eva


Parabéns, Eva. (Que fagas moitos máis)
Comentarios (6) - Categoría: Fotos feitas co móbil - Publicado o 23-02-2011 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Non sei nin que dicir, Xesús, deixáchesme máis que abraiada e emocionada... Ningún regalo se pode equiparar a un poema, non hai nada máis especial que unha creación así. Non teño palabras para agradecercho. Nada hai tan grande como o mar, tan profundo... Tantas grazas como caben nel, tantas apertas como ondas cheguen á area... Todo iso para ti, amigo, e, como non, un grolo xigante por ti e o#blgtk08# teu talento! Gardareino para sempre!!
Sabedes que? Lembrades o ano pasado este mesmo día cando vos expliquei que as amendoeiras floreceran xusto aquel día e
que era como se a natureza me fixese ese gran regalo? Pois si, este ano tamén abriron hoxe, non podía nin crelo!!!!! Vaia dous regalazos que tiven: un poema e o estoupido da primavera!! Síntome absolutamente agradecida!!!
Comentario por Eva Lozano (23-02-2011 21:10)
2 Realmente dois lindos presentes Eva!!<#blgtk08#br /> Parabéns e muitas felicidades!!
Comentario por Solange Villamar Couto (23-02-2011 22:16)
3 Síntome tan feliz pola tua felicidade! Sei que eres moi especial. Conmoveume e#blgtk08#se poema tan sentido e ese estourido da natureza, e conmoveume ser a tua nai.
Comentario por Eva Carpente (23-02-2011 22:53)
4 Pois que teñas moito mar e moitos estoup#blgtk08#idos de natureza ao longo da túa vida!
Comentario por Xesús Constela (24-02-2011 10:16)
5 Graciñas,#blgtk08# Xesús!!
Comentario por Eva Lozano (24-02-2011 16:34)
6 Con moito retraso, parabéns para Eva no s#blgtk08#eu aniversario.

Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (01-03-2011 07:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0