Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do quiosco solitario da Alameda de Pontevedra
Hoxe pasei en coche baixo a choiva pala beira da Alameda de Pontevedra e, parado nun semáforo, chamou a miña atención o vello quiosco da música entre árbores sen follas. Milleiros de pensamentos viñéronme á mente até que o coche que estaba detrás miña pitou para que me puxese en marcha. Foi como escoitar o espertador pola mañá. Maldito!

Que solitario ficaches
sen músicos
nin instrumentos
sen notas que dean calor á alma arrefriada
sen os aplausos que coroan a verbena
sen os xiros danzaríns das parellas a bailar
sen as lámpadas que parecen encher o aire de ilusións?
Que solitario ficaches
mollado
baixo esta pranto que non cesa?
Comentarios (4) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 18-02-2011 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Como são as coisas verdade Xesús? Os valores se perdem ao tempo. Tantas relíquias esquecidas, abandonadas, desprezadas, ou, digamos então, trocadas por algo que as pessoas acham mais interessantes e de maior utilidade!
Que pena, que a maior parte de nossas riquezas andam por este caminho. O c#blgtk08#aminho do esquecimento! O caminho da substituição!
Nós ainda temos recordações, mas e os nossos filhos, tem o que?
Nós ainda sentimos falta do que vimos de tão certamente agradável, mas e os nossos filhos, sentirão falta de que?
Parece-me que hoje se vive o momento e nada mais!
Comentario por Solange Villamar Couto (18-02-2011 20:31)
2 Nas vilas e nas cidades van caendo no esquecemento lugares con encanto que no seu tempo foron animados puntos de encontro. Algún moi característico cámbiano de sitio, e outros simplemente desaparecen. En Pontedeume, vila onde pasei os mellores verans da miña nenez e adolescencia estaba a Praza do Convento, recoleta, preciosa e cómplice, hoxe é unha explanada de pedra, inclinada e esvaradiza,aberta aos catro ventos #blgtk08#sen encanto ningún. en Ponteareas o quiosco da música da Plaza Maior pasou a estar no Parque da Concordia, deixando paso a un busto de Franco e máis tarde a outra praza bastante fea, que segue a ser punto de encontro porque os ponteareáns son moi sufridos e ven pasar o tempo sen rebumbios. O tal parque da Concordia non ten outro uso que catro fumetas desertores do instituto polas mañás, outra cousa non sei eu dela.
Comentario por Eva Carpente (20-02-2011 11:24)
3 se falamos de lugares esquecidos e arrecunchados polo tempo botade unha ollada ao casco antigo de Ferrol, o Barrio da Magdalena, orgullo da cidad#blgtk08#e dende a época da Ilustración, onde as casas caen porque ninguén as habita nin as rehabilita. Unha mágoa, un sentimento de absoluta impotencia.
Comentario por Xesús Constela (20-02-2011 17:34)
4 Tristeiro realmente un paseo pola rua da Magdalena, antes coas galerías de cristal, tan elegantes, algunha cos finísimos visiños brancos. O máis granado de Ferrol habitaba nesa rúa. Hoxe da medo, semella unha cidade fantasma, cos cristais rotos, peri#blgtk08#goso andar perto das casas arriscándose a recibir unha tella desprendida ou un derrube total. Todo isto no mesmo centro da cidade. Pena ter trocado esas preciosas ruas por altísimos edificios onde ninguén sabe con qué clase de xente comparte tellado.
Comentario por Eva Carpente (21-02-2011 14:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0