Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Richard Hamilton: Exactamente que é que fai os fogares de hoxe en día tan diferentes, tan atraíntes?
Richard Hamilton foi o autor deste cadro que se considera a primeira obra do que logo se coñecería co nome de pop art.

Trátase dunha arte absolutamente urbana que recolle imaxes que nos resultan familiares porque os autores consideran que pode haber beleza en cualquera obxecto que nos rodea.

O suxestivo título do cadro que vos achego, feito coa técnica do collage, é Exactamente, que é o que fai os fogares de hoxe en día tan diferentes, tan atraíntes? (Just What Is It that Makes Today's Homes So Different, So Appealing?)

Dá para moito comentar, non si?
Comentarios (4) - Categoría: Casa Van Gogh - Publicado o 17-02-2011 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 E para moito pensar, pois vendo a imaxe pregúntome que facemos a diario rodeados/as de tantas cousas, as máis das veces inút#blgtk08#iles?
E logo, á hora de limpar, ter que andar movendo todo de sitio e volvéndoo de novo ao seu!

Bicos.
Comentario por A nena do paraugas (18-02-2011 08:02)
2 É incríbel a cantidade de cousas inútiles que se amorean nas casas ao longo da vida, trastes dos que nunca nos desfacemos aínda que xa deixamos de utilizalos hai moitos anos. Pero hai algo aínda peor ca iso: amorear obxectos novos e de dubidosa utilidade. Pensa só por un momen#blgtk08#to que pasaría se mercásemos todo canto se anuncia para "cociñar mellor", toda esa enorme colección de aparelloos eléctricos que en teoría fan a nosa vida máis doada. Viviriamos metidos dentro dun trasteiro no que esqueceríamos o arrecendo da comida acabada de facer. Un lixo!
Comentario por Xesús Constela (18-02-2011 19:09)
3 É verdade! A cada dia uma novidade! Mal se compra um aparelho, não dá tempo nem de entender como funciona e já tem outros com as mesmas funções e algo a mais para o que dizem "facilitar nossa vida".
Sem dúvida, guardamos coisas demais e depois não queremos nos desfazer.
Quanto ao quadro, eu gos#blgtk08#to deste estilo de colagem. Acho interessante a diversidade de coisas que se pode montar.
Fico pensando, o que falaram aqueles que viram este quadro naquela época. Provavelmente acharam Hamilton um tanto quanto doido. Apesar que a maior parte dos objetos os temos mesmo para ocupar espaço e enfeitar!!!
Comentario por Solange Villamar Couto (18-02-2011 20:17)
4 Outra cousa inútil non sería ese tipo que apar#blgtk08#ece en primeiro plano? Que grima, mi madriña!!
Comentario por Eva Lozano (22-02-2011 07:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0