Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Aldraxe á Guinea Ecuatorial
Estes días en que o mundo enteiro está a celebrar as caídas dos ditadores da Tunisia e do Exipto unha comisión de deputados do Parlamento Español vén de facer unha visita a Guinea Ecuatorial na que se fotografaron con Teodoro Obiang no decurso da cal o presidente do Congreso dos Deputados Español, José Bono, dixo a seguinte perla ao ditador que rouba o diñeiro dos guineanos e os esmaga con fereza:

"Es muchísimo más lo que nos une que lo que nos separa"

Pero que tomadura de pelo é esta, señor Bono?

Súmome ás protestas do escritor Juan Tomás Ávila
en folga de fame dende a indigna visita dos parlamentarios españois.

Dende o lugar onde se oculta en Malabo Ávila explicou á prensa por que a visita da delegación española foi o detonante da súa folga:
"El Gobierno de Guinea es criminal. Si el presidente del Parlamento español, cuyos miembros no son criminales, se reúne con Obiang, está claro que está defendiendo su régimen, por lo que se convierte en cómplice de la maldad asesina."

Unha aldraxe ao pobo guineano esta máis ca desafortunada visita.

Non falaron nada de dereitos humanos.

Nada!

Por certo, que os parlamentarios españois que encabezaron, xunto con Bono, a delegación que viaxou a Guinea son:
Josep Antoni Duran (CiU), Gustavo de Arístegui (PP) e o socialista Álex Saiz.

Xa poden durmir tranquilos!
Comentarios (7) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 13-02-2011 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Se están representadas as forzas da dereita e da esquerda, se o que pensa cadra co que di: non me sento representada por esa del#blgtk08#egación. Viríalle ben a estes catro pasar un tempiño alí, pero coa xente da rúa, das obras, en fin, pasando as que pasa o pobo.
Comentario por E Carpente (13-02-2011 22:08)
2 Que cousas! Non #blgtk08#entendo nada...
Comentario por Eva Lozano (14-02-2011 12:07)
3 Por desgraza o señor Bono ten razón. Peron non porque Guinea se par#blgtk08#eza a España, senon porque España se parece cada vez máis a Guinea.
Comentario por A cruz da Campá (14-02-2011 13:18)
4 É uma mania que essa gente tem de falar por si próprio!
Odeio essa gente que quer por palavras em #blgtk08#nossas bocas!!!
Como dizemos por aqui: Esses parlamentares poderiam ter dormido sem esse barulho!!
Comentario por Solange Villamar Couto (14-02-2011 14:14)
5 Só por un momento imaxinade unha delegaciós de parlamentarios franceses, por exemplo, a facerlle unha visita a Franco e a d#blgtk08#icirlle a mesma frase que Bono lle dixo a Obiang: "Son máis cousas as que nos unen que as que nos afastan". Atroz, non si?
Comentario por Xesús Constela (15-02-2011 11:31)
6 Pois#blgtk08# si.
Comentario por E Carpente (15-02-2011 19:25)
7 A toma de posesión do predecesor deste, Macías Ngema, deull#blgtk08#a o señor Fraga, sempre metido entre ditadores e criminais.
Comentario por Guereñu (11-11-2012 12:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0