Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Acerca de Antonio Francisco Lisboa, o Aleijadinho
A proposta de Solange falaremos hoxe dun home chamado Antonio Francisco Lisboa (1730-1814) pero coñecido como o Aleijadinho ("deformadiño"), que foi un famoso escultor brasileiro de imaxinería autor de máis de 400 obras espalladas polo estado de Minas Gerais e que recibíu ese nome poque padeceu unha doenza que o deixou totalmente transformado (mans, pés e boca).

Ollade esta descrición do escultor feita por Rodrigo José Ferreira Bretas, un historiador da arte do Brasil e biógrafo do Aleijadinho:
Era pardo-escuro, tinha voz forte, a fala arrebatada, e o gênio agastado: a estatura era baixa, o corpo cheio e mal configurado, o rosto e a cabeça redondos, e esta volumosa, o cabelo preto e anelado, o da barba cerrado e basto, a testa larga, o nariz regular e algum tanto pontiagudo, os beiços grossos, as orelhas grandes, e o pescoço curto

O Aleijadinho é sempre un asunto polémico no Brasil porque non existen datos concretos acerca da súa enfermidade, polo que a súa vida está envolta nunha atmosfera de ditos, historias e lendas contadas (e logo transformadas) por varias xeracións.

Mesmo hai especialistas que afirman que as súas obras teñen trazos de deformidades. Non se sabe o motivo, mas hai hipóteses de que intentou plasmar nas súas esculturas as súas propias deformidades.

Lepra, escorbuto, sífilis... Descoñécense as orixes desa doenza que causou tanto estrago na súa vida.

Vaia un grolo polo Aleijadinho!
Comentarios (6) - Categoría: Persoeiros singulares - Publicado o 07-02-2011 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Comparto ese grolo por este art#blgtk08#ista!

Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (07-02-2011 19:34)
2 Non é incríbel a cantidade de personaxes singulares que hai polo mundo adiant#blgtk08#e realmente interesantes e mercedores dun bo grolo? Brindemos por eles, logo!
Comentario por Xesús Constela (07-02-2011 19:36)
3 Aqui o conhecemos somente por Aleijadinho! Ganhou este apelido por ter sido acometido por uma doença, provavelmente reumática, que deformou suas mãos, pés e rosto.
Conta-se que Aleijadinho sentia muitas dores nos dedos das mãos e pés, que teria usado suas próprias ferramentas de trabalho para cortá-los!
Aleijadinho só andava arrastando-se#blgtk08# pelo chão, não ficava mais em pé. Foi ajudado por um de seus três escravos, que o carregava até seu local de trabalho, e, amarrava suas ferramentas em seu punho para que ele pudesse assim esculpir!
Morreu pobre, doente e abandonado. Somente depois de muitos anos de sua morte, suas obras foram valorizadas!
Un grolo por todos eles Xesús!!
Comentario por Solange Villamar Couto (07-02-2011 20:53)
4 Que rabia dá que tantos bos artistas non coñeceran o éxito en vida, que lástima.#blgtk08#.. Si que máis vale tarde que nunca, pero...
Un groliño póstumo, entón!!
Comentario por Eva Lozano (08-02-2011 08:36)
5 Cada dato que coñezo acerca do Aleijadinho paréceme m#blgtk08#aáis impresionante. Si. Veña un grolo por el, entón.
Comentario por Xesús Constela (08-02-2011 17:54)
6 Pobre home, cánto sacrificio para traball#blgtk08#ar!, ben merece un grolo na sua memoria.
Comentario por Eva Carpente (09-02-2011 21:10)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0