Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

As cortidorías de Marrakech (Marrocos)
Este que vos achego é un dos recunchos do mundo que puiden visitar e me deixou realmente impactado.

Para chegar a estas cortidorías da cidade de Marrakech cómpre primeiro saír dos lindeiros da cidade, achegarse a esa parte que ninguén quere visitar, onde ninguén desexa vivir.

Tal é o cheiro que se respira!

(Un dos ingredientes utilizados no proceso é ácido sulfúrico)

Para entrar cómpre levar debaixo do nariz algo que poida contrarrestar o ulido que desprenden as peles metidas en líquidos que semellan putrefactos.

É un traballo que ninguén quere: estar metido todos os días neses líquidos nauseabundos até os xeonllos.

E comer nunha casa que ten o mesmo cheiro...

E durmir nela...

Por un salario tan malo como o propio ar que se respira.

Chamáronme a atención uns nenos a bañarse nunha poza de auga porcallenta completamente alleos á miseria do lugar onde se atopaban. Estábano a pasar moi ben, parecía.

Son pequenos traballadores das cortidorías, fillos á súa vez de familias que traballan alí...

E non precisamente por desexo.

Comentarios (4) - Categoría: Recunchos do mundo - Publicado o 24-01-2011 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Ninguém merece um cheiro destes!!!
Já senti algo parecido bem de longe, mas com muita diferença no lugar, por certo, uma fábrica de preparação de couros (curtume). Um odor que exala longe, e não é nada agradável mesmo.
Talvez eu não teria estômago para visitar tal lugar!
Nós que vivemos de uma forma, a mais higiênica #blgtk08#possível, fica difícil aceitar uma condição de vida desta maneira pra qualquer ser humano.
Sem outra opção, os adultos e as crianças acabam acostumando-se, talvez com o cheiro, mas não acredito nenhum pouco que se acostumem ao ambiente.
O que me consola, é saber que pelos seus olhos, estas crianças estavam passando moi bem!
Comentario por Solange Villamar Couto (24-01-2011 23:28)
2 O terrible é que teñan que traballar dende novos, e con sustancias tan tóxicas... Vaia unha vida, pero é o de sempre, cando vemos imaxes destes país#blgtk08#es o primeiro que non chama a atención é o sorriso dos nenos! Como di o famoso dito: non é máis feliz o que máis ten, senón o que menos necesita...
Comentario por Eva Lozano (25-01-2011 13:26)
3 Unha das cousas maís inxustas deste mundo noso é a lacra terríbel do traballo infantil. Os nenos es#blgtk08#teñen que dedicar a nenez a ir á escola para aprender a coñecer o mundo, para xogar e para sorrir.
Comentario por Xesús Constela (25-01-2011 20:37)
4 Simply appear the net meant for Replica watches and you should locate lots of m#blgtk08#an made release notice websites on the internet about only imitation evaluate.
Comentario por Replica Rolex (13-07-2013 05:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0