Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Baby Doc: o único que lle faltaba a Haití!
Este home da fotografía, Jean-Claude Duvalier, Baby Doc, fillo de François Duvalier, Papa Doc, foi presidente de Haití ao longo de quince anos e regresou ao país logo de vinte e cinco anos de exilio en Francia (xa lles vale tamén aos franceses!)

Human Rights Watch e outras ONG pediron a súa detención polas violacións de dereitos humanos cometidos durante os seus anos no goberno.

Estes son os estarrecedores datos:

- Entre baby Doc e seu pai Papa Doc, autoproclamado emperador, fixeron matar entre vinte ou trinta mil haitianos!

- Crearon e mantiveron unha forza paramilitar chamada "Tontons Macoutes" para manter a poboación sometida aos seus antollos.

- Fixeron de Haití o seu couto privado e Baby Doc fuxiu do país cunha cantidade de diñeiro que duplicaba o produto interior bruto.

Por que volveu a Haití agora este depravado?

Sobre ese país non deixan de caer desgrazas!

Comentarios (6) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 18-01-2011 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 "O cara de pau", Baby Doc, teve a ousadia em 2007, de pedir (pelas rádios haitianas)perdão ao povo pelos erros cometidos em seu governo!
Nestes últimos 25 anos deve ter gasto tudo que roubou, e agora quer clemência?
Pedir#blgtk08# perdão é fácil, há que se pagar pelos atos cometidos.
E agora já está se infiltrando com alguns grupos políticos para influenciar no segundo turno das eleições.
Realmente este povo sofrido não merece pessoas desse tipo!
Comentario por Solange Villamar Couto (18-01-2011 22:44)
2 E acabo de ver no noticiário que Duvalier foi levado à justiça, menos de 48 horas do seu regresso. Segundo o primeiro-ministro haitiano, Jean-Max Bellerive, "s#blgtk08#e houver procedimentos nos quais [Duvalier]está envolvido, a Justiça fará o que tem que fazer".
Então, vamos esperar que a justiça deste país funcione!
Comentario por Solange Villamar Couto (18-01-2011 23:14)
3 Non confío nada na xustiza haitiana porque escoitei pola radio que as súas acusacións por asasinato prescribiron! É #blgtk08#cero iso que dis: gastou todo canto roubou e volve porque en haití cheira a negocio: hai que reconstruir. Un horror!
Comentario por Xesús Constela (19-01-2011 13:27)
4 Terrible. Supoño que poden xulgalo tendo en conta que os delitos deste tipo non prescriben, porqu#blgtk08#e en Arxentina e Chile aínda seguen a condenalos... Deben de rexerse por un código especial, non?
Comentario por Eva Lozano (19-01-2011 16:19)
5 Escoitei o domingo en RNE que a corrupción en Haití é un mal endémico, que a cousa ven de cando era o almacén de escravos que surtía ós países escravistas e logo de seren livertos eles mismos ac#blgtk08#tuaron como os seus antigos amos, e así se repite a historia. Desexo de corazón que a este Baby Doc lle dean ben forte e se pode ser que lle quiten o que lle quede, se é o caso, que non parece.
Comentario por Eva Carpente (19-01-2011 23:10)
6 Triste historia a dun país que xa naceu como almacén de escravos. Si. Eva#blgtk08#. Que lle quiten todo e que empodreza no cárcere. Haití non merece isto.
Comentario por Xesús Constela (20-01-2011 12:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0