Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Ksar Hadada, Tunisia
Tiven ocasión de facer dúas viaxes a Tunisia.

Na primeira, hai xa máis de vinte anos, percorrín o norde do país e na segunda, hai catro, o sul.

E nas dúas viaxes tiven ocasión de comprobar a enorme hospitalidade dos tunecinos, un pobo que ao longo de moitos anos aturou unha ditadura que toda Europa apoiou de xeito incondicional.

Hoxe a Tunisia está envolta nunha das meirandes incertezas políticas: o pobo, igual que aconteceu naquel sempre memorábel 25 de avril portugués, vén de derrocar o ditador Ben Alí, que tivo que escapar do país para pedir asilo en Arabia Saudí.

Pero os seus seguidores andan a provocar o caos polo país adiante, sobre todo na capital e arredores, como modo de vinganza.

Hai violencia, hai sangue, hai feridos...

Achégovos unha fotografía feita en Ksar Hadada, unha vila de adobe que servía de lugar de encontro de pastores e gandeiros, un punto na entrada ao deserto do Sahara onde podían gardar o gran dos seus cultivos e onde podían quedar a vivir ao longo do tempo que puidesen precisar para poderen comerciar.

O lugar, por certo, serviu de decorado para unha das películas da Guerra das Galaxias: The Phantom Menace.

Tales son a súa beleza e a súa singularidade.

Tráioo hoxe aquí por ser punto de encontro e de diálogo, as dúas cousas que nestes momentos necesita a sociedade tunecina, quen desexo o mellor dos futuros.

Adante, amigos, e que nada se vos torza!

Noraboa por derrotardes o ditador!
Comentarios (3) - Categoría: Recunchos do mundo - Publicado o 17-01-2011 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Seria maravilhoso acabar com todos esses governantes que se eternizam#blgtk08# no poder!
Gostaria imensamente ver outros, assim derrotados.
Comentario por Solange Villamar Couto (17-01-2011 20:33)
2 O único malo que ten a situación tunecina é a inestabilidade na que f#blgtk08#icou a sociedade inmersa. Só agardo que atopen un bo camiño a seguir.
Comentario por Xesús Constela (17-01-2011 22:14)
3 Foi unha noticia sorprendente, un goberno derrocado polo pobo, algo inaudito! Espero que o cambio sexa pa#blgtk08#ra ben, e déixovos este enlace moi interesante:

http://www.youtube.com/watch?v=VlelJa79Juo
Comentario por Eva Lozano (18-01-2011 13:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0