Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do Purgatorio
A imaxe que vos achego está de actualidade por unhas recentes declaracións do papa Bieito XVI perante 9000 seguidores no Vaticano.

Trátase dunha ilustración da Divina Comedia de Dante Aligheri, onde se describe o Purgatorio como unha montaña de cumio plano e caeiras escalonadas e redondas. En cada chanzo redímese un pecado e quen o redime está contento porque posúe esperanza.

Como conto é moi interesante e mesmo fermoso. Unha obra de arte con todas as da lei.

Pero que a estas alturas do século XXI veña alguén facer as declaracións que fixo Bieito XVI paréceme unha tomadura de pelo.

Tanto ten que a igrexa católica colleite casos de abusos sexuais polo mundo enteiro e que nunca vaia pedir perdón por eles (e moito menos levar os culpábeis perante a xustiza).

Tanto ten que a sida se espalle por África e a igrexa repita unha vez e outra máis que non se usen preservativos.

O importante é que o purgatorio, coma xa dixera Catalina de Xénova, non é un elemento da paisaxe das vísceras da Terra. É un lume interior, non exterior.

Isto é ficción e o demais son contos!

Un lume interior!

Xa podemos estar máis tranquilos.
Comentarios (5) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 14-01-2011 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Calquera día aínda nos van dicir que Xesus cristo era alguén que predicaba a pobre#blgtk08#za e a humildade e axudaba ós pobres... eu que sei.
Saúdos dende a Galaxia
Comentario por Fernando (15-01-2011 19:38)
2 Coincidimos logo en que to#blgtk08#do soa a conto, Fernando?
Comentario por Xesús Constela (17-01-2011 13:30)
3 Purgatório?? Nem processo espiritual, nem espaço físico, tão pouco purificação da alma...A igreja católica poderia ser menos fantasiosa e um pouco mais realista!
Quantos estão sofrendo aqui na terra? E, depois de tanto sofrimento, ainda tem que ir pra alg#blgtk08#um lugar pra se purificar?
O que querem agora? Amenizar a falsa idéia que o purgatório seja um lugar de terror? Por que não se preocupam em fazer alguma coisa de útil pelos vivos necessitados?
Estamos vendo o purgatório a olhos nus, todos os dias!
Comentario por Solange Villamar Couto (17-01-2011 18:55)
4 Iso mesmo: máis realismo e menos fantasía. A igrexa católica aséntase na fantasía e maís nada. Vaia unha historia iso do lume interior! Estaría b#blgtk08#en para a idade media, non credes? Dende logo non creo que valga para esta era na que estamos a vivir. Aquí importa ter comida para levar á boca.
Comentario por Xesús Constela (17-01-2011 22:10)
5 Xa é sospeitoso o nome: de purgar. O limbo tampouco existe, segundo o der#blgtk08#eito canónico. No ceo están os santos e no inverno o diaño; ou é o revés?
Comentario por Guereñu (11-11-2012 13:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0