Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Led Zeppelin: Black Dog
No ano 2007 os integrantes do grupo Led Zeppelin reuníronse en Londres, no 02 London Arena, para un concerto en apoio do Ahmet Ertegun Educational Fund, que concede bolsas universitarias nos Estados Unidos, No Reino Unido e en Turquía.

Ahmet Ertegun, por certo, foi o fundador da discográfica Atlantic Records.

Hoxe pensei que Black Dog sería unha boa canción para comezar este ano cheo de ocos para encher. Ademais a versión que vos achego, que pertence a ese concerto do London Arena, paréceme moi boa.

(E a min éncheme a mente de boas lembranzas)

Hey, hey, mama, said the way you move,
Gonna make you sweat, gonna make you groove.


Comentarios (6) - Categoría: Sala de música - Publicado o 11-01-2011 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Enormes!! Graciñas, Xesús, pola aportación. Encántanme!!
Por se podedes ir, aquí vos deixo unha información interesante: próximo concerto en Vigo da banda homenaxe Letz Zep, que polo visto imítanos moi ben!!:

http:/#blgtk08#/www.laguiago.com/vigo/evento/39057/letz-zep-concierto-en-vigo/

Avísovos de que na meirande parte das páxinas anuncian o concerto para o venres 21, non o sábado 22, así que, se tedes pensado ir, mellor asegurádevos ben...
Comentario por Eva Lozano (11-01-2011 20:23)
2 Tomaremos nota, aínda que non sei se poderei asis#blgtk08#tir porque estou pendente dunha viaxe a Burdeos.
Comentario por Xesús Constela (11-01-2011 21:29)
3 Ti sempre viaxando... Eu xa teño encargada a viaxe a Ita#blgtk08#lia, por fin!! En mes e medio marchamos unha semaniña...
Comentario por Eva Lozano (12-01-2011 11:42)
4 Xa que temos dúas pernas o mellor que hai no mundo é camiñar, poder desprazarnos para avanzar (ou retroceder se nos peta). Xa que temos dous ollos nada mellor que poder ver cousas que nos enc#blgtk08#han os sentidos. xa que temos imaxinación nada mellor que deixala voar para podermos soñar. E iso é viaxar. De seguro que vas volver nova de Italia. Nunca unha viaxe deixa impávido a ninguén.
Comentario por Xesús Constela (12-01-2011 13:03)
5 Vaime dar outro Stendhal, non é broma, pero merecerá a pena... (O primeiro foi na National Gallery de Londres, imaxínate cando vexa o David de Michelangelo e to#blgtk08#das aquelas maravillas de Roma)
Unha excelente definición de viaxar, por certo...
Un groliño polas viaxes e por todas as obras de arte do mundo!!
Comentario por Eva Lozano (12-01-2011 18:16)
6 Por certo, visitarei toda a metade norte, se alguén sabe de algo que non podo perder, que avise, por favor... (Vou a #blgtk08#Bérgamo, Módena, Florencia (David!!), Roma, Silvi, Gatteo a Mare, Copparo e Paratico, aí teño os hoteis). Graciñas!!
Comentario por Eva Lozano (12-01-2011 18:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0