Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

E entón chegou decembro
E entón chegou decembro.
E fíxoo cunha proposta para salvar o legado de Manfred Gnadinger, o alemán, en Camelle, abandonado á súa sorte polas mediocres institucións políticas deste país noso a pesares do diñeiro que o artista deixou para o coidado da súa obra.
Despois Paulo Lins fíxonos reflexionar acerca do Brasil.
E Mike Stern coa súa Distraxion nos convidou a pensar na música que escoitamos mentres estamos a traballar.
A Fundación Mapfre levounos de visita virtual pola súa exposición madrileña acerca do Impresionismo e Marcello Mastroianni nos explicaba en que consistía o Divorzio all?italiana.
Fomos cear á Estrada para celebrarmos a concesión do premio García Barros a Antón Lopo pola súa novela Obediencia (queda como testemuño unha fotografía feita coa c´mara de Manuel Forcadela) e escoitamos a María Gadú, que nos ensinou unha fermosísima palabra india, Shimbalaié, que significa unión de paz e forzas positivas como xeito de estar a ben coa natureza.
E entón irrompeu neste lugar o espírito do noso admirado Edgar Allan Poe logo da lectura d?O escarabello de ouro e do poema Annabel Lee:
Pero o noso amor era máis forte có amor
daqueles que eran maiores ca nós?
de moitos máis sabios ca nós?
e nin os anxos do Paraíso de enriba
nin os demos de debaixo do mar
afastarán xamais a miña alma da alma
da fermosa Annabel Lee...

Pero todo isto ficou roto pola horrenda e funesta lembranza do terror vivido en Kosovo nos tempos da guerra dos Balcáns.
E entón morreu Blake Edwards.
E falamos das grandiosas embalaxes de Christo Javacheff.
E fixemos balance do ano da man do New York Times.
E nos indignamos coa árbore de nadal de 11 millóns de dólares do hotel Emirate Palace de Abu Dhabi.
E admiramos a Historia do Natal Digital da empresa portuguesa excentric e as marabillas graffiteiras de Banksy, que converte a rúa nun xigantesco museo.
E así transcorreu un ano completo.
Que veñan moitos máis!
Comentarios (6) - Categoría: Resumo do ano 2010 - Publicado o 08-01-2011 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Abofé que me gustou o teu repaso do ano pasado. Terei que volver ler todo de novo, mes a mes. Máis que nada para non esquecer que cos bimbios de 2010 seguiremos construíndo as cestas do 2011... E as dos seguintes, se o podemo#blgtk08#s facer, pois a vida e o tempo son tan efémeros, que en calquera momento deixan de existir para calquera de nós.

En fin. Que teñas un bo ano, cheo de experiencias novas para nos contar.

Un bico.
Comentario por A nena do paraugas (09-01-2011 14:02)
2 Shimbalaié!! Teño que memorizala ben, encántame!!!!!!!!
O bo de que acabe un ano é que empeza un máis, novo de trin#blgtk08#que, e iso é unha grandísima sorte!! Todo un ano por diante para disfrutar das cousas boas que nos rodean!! Que así sea...
Comentario por Eva Lozano (10-01-2011 17:34)
3 Así me gusta, que teñades/teñamos unha actitude positiva ante o ano que comezamos Seguro que haberá cousas boas para disfrutar, e as que sexan non tan boas hai que darlles voltas por ver #blgtk08#de atopar o lado bo ou menos malo... ben xa sabedes como se fai.

Solange: lembro que estás no Brasil pola zona onde parece que hai rios desbordados, espero que esteas ben.
Comentario por Eva Carpente (10-01-2011 21:25)
4 Eva Carpente, obrigada pela preocupação. Estou bem sim, obrigada. Mas na região Sudeste, onde vivo, tem sido castigada por chuvas fortíssimas, trazendo consequências tristes, mortes, pessoas que perderam tudo.
Hoje pretendia voltar das minhas férias, mas é impossível atravessar São Paulo que amanheceu completamente inundada.
O mês d#blgtk08#e janeiro sempre é muito difícil e triste.
Mudando de assunto, e, lendo o comentário de Eva Lozano, me fez refletir quantas oportunidades Xesus tem nos dado para estarmos bem informados e podermos trocar opiniões, comentários e experiências.
E caminhamos para mais um ano no aguardo de que as coisas boas continue superando as ruins!
Comentario por Solange Villamar Couto (11-01-2011 12:04)
5 Solange: os meus mellor#blgtk08#es desexos!! Beijinhos.
Comentario por Eva Lozano (11-01-2011 17:52)
6 Eu tamén quero desexarche un moi bo ano 2011. Sei que estaremso aquí no mundo virtual para compartirmios eses cestos feitos entre todos con bimbios fortes e rexos. Vaia unha comparación de poeta que fixeches! Shimbalaié, Eva! Non teño dúbida ningunha de que haberá boas novas no ano 2011. E as que non sexan tan boas, as #blgtk08#que mesmo sexan malas, poderemos compartilas para, coma naquel poema de Martí i Pol, "transformar a vella dor en amor". Cando a actualidade se revira o importante é estar á beira de alguén que nos axude a sobrelevala. No "Tiñádelo que ver" estaremos man con man. Menos mal que estás ben Solange. Boa sorte neste xaneiro!
Comentario por Xesús Constela (11-01-2011 18:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0