Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do pasado novembro
Novembro foi un mes moi curtiño no Tiñádelo que ver porque tiven que ausentarme do mundo virtual ao longo duns días para ver de rematar unha novela, que por certo xa está rematada.
Sorprendeunos o grao de violencia intolerábel que se viviu no Sahara ocupado por Marrocos...
E tañén nos sorprendeu a morte de Luís García Berlanga, polo que xuntos vimos esa oparte de Bienvenido Mister Marshall onde cantan o de Americanos os recibimos con alegría.
E aplaudimos o gran xesto de Agustín Fernández Paz ao rexeitar o Premio da Cultura Galega outorgado poloa mesma Xunta que teima en esmagar todo o que nos une e nos identifica como pobo.
O mesmo premio que si aceptou, por certo, a Editorial Galaxia.
Xuntos contemplamos a curtametraxe Fallen Art de Tomasz Baginski, asustámonos coa caída da economía irlandesa, que nos levou a reflexionar que Somos hipoteca, e comentamos a escultura neosumeria do Gudea de Lagash.
E deixamos o mes escoitando Coraçao brasileiro de Milton Nascimento:
No meu coração brasileiro, plantei um terreiro, colhi um caminho
Armei arapuca, fui pra tocaia, fui guerrear

Comentarios (6) - Categoría: Resumo do ano 2010 - Publicado o 07-01-2011 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Moita sorte con esa nova novela! Es#blgtk08#peraremos por ela, que non tarde...
Comentario por Eva Lozano (10-01-2011 17:31)
2 Estaremos atentas a esa novela, de#blgtk08# seguro que será moi interesante.
Comentario por Eva Carpente (10-01-2011 21:17)
3 Mês curtinho, mas com grandes espectativas#blgtk08#!
E que venham mais e mais novelas!!
Comentario por Solange Villamar Couto (11-01-2011 11:22)
4 Moitas grazas polos vosos desexos, que sei sin#blgtk08#ceros. Teredes novas da novela en canto poida.
Comentario por Xesús Constela (11-01-2011 18:22)
5 Por que puseches aquí#blgtk08# a estatua de Gudea?
Comentario por Guereñu (11-11-2012 13:01)
6 My step-brother ultimately was presented the lady's Rep#blgtk08#lica handbags in the course of Affectionate nighttime.
Comentario por Replica handbags (13-07-2013 05:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0