Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do pasado outubro
Arrincou outubro cun bispo que xustificaba os abusos sexuais, nada máis e nada menos que o voceiro da Conferencia Episcopal Española.
E coa dobre moral do Partido Popular.
E coa morte de Tony Curtis.
E para borrar iso todo da mente demos en comentar un fascinante debuxo de José de Ribera titulado Cabeza de home con pequenas figuras.
E coma me senmtín moi identificado con ese home que levaba xente a pasear pola súa cabeza comentamos o proceso de creación dos personaxes dos meus libros.
Quizais por iso retomei aquel relato en construcción comezado no ano 2009 que non para de medrar e se enqriquece coas vosas aportacións. Tartaruga, Monarca, Onofre, Folerpa e Emperatriz volveron camiñar polas páxinas do Tiñádelo que ver.
E volverán facelo, que un relato leva moito tempo.
Entón déronlle o Nobel a Vargas Llosa, a quen , en palabras de Mario Benedetti, hai que ler pero non escoitar!
E abraiounos o mar una vezmáis.
E tamén nos abraiou Joan Sutherland, que morreu este mes, coa súa Casta Diva:
Casta Deusa, que alumeas
estas antigas e sagradas prantas,
a nós volve a túa fermosa faciana
sen nube e sen veo...

E tamén escoitamos La mala reputación de Paco Ibáñez,
e The Nobodies de Marylin Manson,
Somos os ninguén
Queremos ser alguén
Estamos mortos, só sabemos quen somos
Somos os ninguén...

e Os vampiros de José Afonso:
Eles comem tudo Eles comem tudo
Eles comem tudo E não deixam nada

E cabreámonos moito cando a Manuel Fraga lle deron o premio Otero Pedrayo por suxestión de Rafael Louzán!
E comentamos una pintada singular que atopei un día nun muro en pleno centro d?A illa de Arousa: Os marinheiros tamén xojan ao tenis.
E Solange preguntou de onde saían os nomes dos meus personaxes e eu intentei explicalo.
E houbo censura para un número da revista Retranca de Kiko da Silva e para un artigo do xornalista Fran P. Lorenzo por causa da visita do papa a Santiago. Con la iglesia hemos topado!
Quizais por iso dedicamos uns minutos ao Pesadelo antes do nadal de Tim Burton con música de Marylin Manson.
E da man de Halloween chegou o mes de novembro.
Comentarios (4) - Categoría: Resumo do ano 2010 - Publicado o 07-01-2011 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Bo traballo de recopilación, interesante xeito de refrescar a memoria e retomar o "relato en construcción" cos #blgtk08#seus personaxes en longo cruceiro. Sigo pensando eu, e non habería outro persoeiro para darlle o Otero Pedrayo?
Comentario por Eva Carpente (09-01-2011 21:27)
2 Ese relato, que nos ten#blgtk08# a todos intrigados...
Comentario por Eva Lozano (10-01-2011 17:30)
3 ...O relato de nomes curiosos. Talvez tão curioso quanto#blgtk08# seus personagens. "os perchas".
Eu gosto disso!
Comentario por Solange Villamar Couto (10-01-2011 20:31)
4 O relato en construción consiste precisamente en construilo perante os vosos ollos, coas vosas achegas e en enriquecelo cos vosos comentari#blgtk08#os. Estou convencido de que pode asír algo moi interesante que xa ten título, incluso, pero un título que polo de agora non podo desvelar.
Comentario por Xesús Constela (11-01-2011 18:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0