Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do pasado setembro
En setembro continuamos falando de Bali, que aínda deu para moito tempo.
Falamos dos milleiros de templos espallados pola illa, cada un deles dotado dunha personalidade que o fai singular e do mar abraiante, bravo no sul pero maino no norde. Iso si, sempre impactante e sempre fermoso.
Antes de abandonarmos a illa falamos da receita do nasi goreng, para chupar os dedos!
E como a cousa ía de regreso á normalidade reflexionamos acerca de que somos camiño, camiño que avanza e nunca se detén, sempre a agasallarnos con milleiros de arrecendos agarimosa a terra.
Entón inauguramos categoría, Casa Van Gogh, onde decidimos comentar obras de arte de todos os tempos. E comezamos, como non, coa casa onde o gran pintor vivía na vila de Arles. Despois falamos das cartas que lle escribiu a seu irmán Théo e descubrimos que todos admiramos a súa obra e a súa personalidade arrevesada e retorta. E tamén compartimos opinión acerca d?Os amantes de Magritte, que nos levou a comentar o poema Destruiçao, de Carlos Drummond de Andrade:
Os amantes se amam cruelmente
e com se amarem tanto não se vêem.
Um se beija no outro, refletido.
Dois amantes que são? Dois inimigos
.
E falamos tamén d?O bico de Roy Lichtenstein mentres escpoitabamos As rosas nao falam de Beth Carvalho e liamos o poema Caen as follas, caen de Emily Brönte:
Caen, as follas, caen; morren, as flores, para sempre;
Alóngase a noite e acórtase o día;
Fala cada folla de felicidade
mentres voa dende a árbore outonal.

E cabreámonos moito porque morreu José Antonio Labordeta!
Somos
como esos viejos árboles
batidos por el viento
que azota desde el mar.

Entrementres a sempiterna Gloria Lago (mal raio a parta) denunciou a ideoloxización nacionalista dos colexios públicos. Manda carallo! E como o curso estaba a piques de comezar denunciamos una vez maís a mala calidade do ensino do país. E farémolo vinte mil veces máis se é necesario. Como non?
Tamén seguimos as marchas dos mineiros do Bierzo e de Asturias, que se botaron ás estradas para impedir que as súas minas pechasen por orde da Unión Europea.
E polo medio chegou o outono e colleunos un pouco sorprendidos.
E alguén instalou una cadeira xigante nun monte de Moaña.
E houbo unha folga xeral.
E morreu o gran Arthur Penn.
E tivemos que dicir adeus á Praia de Laño porque o mal tempo comezaba.
Comentarios (4) - Categoría: Resumo do ano 2010 - Publicado o 07-01-2011 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Cantísimas cousas nese mes de setembro, pero a foto segue a gustarme moito, é moi boa e convida, seduce, atrae. O meu#blgtk08# home vai tódolos venres ver un cliente por esa zona, cando chegue este verán seguramente irei con él para coñecela.
Comentario por Eva Carpente (09-01-2011 21:18)
2 Unha gran perda a#blgtk08# de Labordeta...
Comentario por Eva Lozano (10-01-2011 17:27)
3 Setembro e a Casa de Van Gogh...
Setembro e os amantes...
Setembro e o Hino e Labordeta...E#blgtk08# Drummond...
As duas estações mais bonitas: "O vosso outono e a minha primavera".
Perfeito!
Comentario por Solange Villamar Couto (10-01-2011 20:11)
4 Si señor: dous momentos moi fermosos. Que ten setembro que tanto atrae? Unha gran perda a de Labordeta. A foto estáfeita co móbil. É a entra#blgtk08#da, unha delas, á praia de Laño, que sempre merece unha visita. Ás veces un está só na area e iso é algo case imposíbel nesta zona. Un luxo.
Comentario por Xesús Constela (11-01-2011 18:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0