Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do pasado xuño
Xuño de 2010 foi o mes que lembraremos sempre coma o da morte de José Saramago! Grazas, mestre, polos monumentos literarios que non deixaches! Entre eles o guión da película A flor máis grande do mundo, á que tamén prestaches a túa voz viva para sempre!
Na ilha por vezes habitada do que somos, há noites, manhãs e madrugadas em que não precisamos de morrer.
Então sabemos tudo do que foi e será.

Arrincou o mes coa viaxe do conselleiro Varela á Expo de Shanghai en primeira clase e polo ?módico? prezo de máis de catorce mil euros: non temos parea pan e mercamos estampiñas. Xa o dicía o refrán chinés: un can con diñeiro é un señor can! Por suposto pedimos a súa dimisión.
A gran Helene Hanff deunos material para o debate literario coa súa magnífica novela 84, Charing Cross Road e do gran Miquel Martì i Pol lemos o poema Agora mesmo (Ara mateix), do mesmo xeito que admiramos a versión de 1933 d?O mago de Oz en debuxos animados realizada por Ted Eshbaugh. Unha alfaia!
Intentamos ver voar os pingüíns nunha animación de Fabrice Senia e Alban Lelièvre e Kazuo Ohno engaioloounos cunha abraiante coreografía cando soubemos da súa morte.
E ficamos horrorizados coa nova que Solange nos fixo chegar dende o Brasil: a terríbel matanza de golfiños na Amazonia. 100 ou 200 cada mes! O mundo está cheo de bárbaros! Tamén nos deixou estarrecidos sabermos que en Nixeria, no estado norteño de Zamfara máis de 100 nenos morreron envelenados logo de que residentes empezaran a excavar ilegalmente minas de ouro que posúen altas concentracións de chumbo. Maldita usura!
O ínclito Núñez Feijóo (que paciencia temos que ter!) asegurou nunha entrevista a V televisión que «O problema de Galicia non é o galego ou o castelán, é o inglés»! Manda carallo!
Quizais para esquecer todas estas cousas viaxamos á illa de Stromboli para pasmarmos cose u volcán, que inspirou unha película moi boa de Roberto Rossellini protagonizada por Ingrid Bergman.
Amantes das cousas pequeñas comentamos Unha folla de herba de Walt Whitman:
Creo que unha folla de herba, non é menos
que a xornada laboral das estrelas,
e que unha formiga é perfecta,
e un gran de area,
e o ovo dun paxaro,
son igualmente perfectos
,
Annie Lennox puxo banda sonora á película Drácula de Tod Browning e Bela Lugosi e deunos pé para falarmos de vampiros.
E chegou San Xoán e fixemos fogueiras e intercambiamos receitas para nos lavar coas herbas á mañá seguinte.
Unai Elorriaga agasallounos coa súa novela Londres é de cartón e pechamos o mres con banda sonora de Gal Costa:
Venho do sol
A vida inteira no sol
Sou filha da terra do sol


Comentarios (7) - Categoría: Resumo do ano 2010 - Publicado o 03-01-2011 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Está moi ben esta idea que tiveches de recordar o que escribiches no 2010.
Xuño é un mes importante para min. Nacín nese mes. Pero gústame moito este mes porque comeza o verán, chegan os días cálidos, hai moitas festas, sempre me#blgtk08# gustou moito o San Xoán, chegan as vacacións, os días duran moitas horas... ben, xa paro. Un único que lle vexo de malo é a posibilidade de que pasen cousas horrorosas, pero tamén pasan noutros meses.

Perdón polo "rollo"
Comentario por Eva Carpente (03-01-2011 22:20)
2 Pois fíxate que unha vez máis coincidimos. Xuño sempre anuncia grandes cousas.E se non so#blgtk08#n grandes, polo menos serán moi agradábeis. O verán, a calor, as fogueiras, as viaxes...
Comentario por Xesús Constela (04-01-2011 11:31)
3 Totalmente de acordo! É un mes moi fermoso, a metade do ano, os aniversarios de persoas que adoro (m#blgtk08#iña nai, meu compañeiro, miña afillada...), acaba a escola, comeza o verán, San Xoán... É perfecto!
Comentario por Eva Lozano (04-01-2011 11:58)
4 Esta vez o groliño vouno tomar de licor de guinda, porque nese mes tamén hai que #blgtk08#coller as guindas e facer ese licoriño tan agradable e tradicional na nosa casa.
Comentario por Eva Carpente (04-01-2011 19:35)
5 Piis veña esa guinda, que #blgtk08#sen dúbida estará boísima.
Comentario por Xesús Constela (05-01-2011 18:58)
6 O mês de junho é encantador!! Por aqui também temos muitas festas e tradições.
Faço questão de mencionar a relação das ervas de São João para purificar e, as coisas pequenas que#blgtk08# falamos, que tão poucos prestam atenção.
Eva, me deu uma vontade de tomar esta guinda!!! Domingo mesmo estavamos eu e me pai falávamos neste licor.
Hum isso é muito bom!
Comentario por Solange Villamar Couto (05-01-2011 19:19)
7 Solange, quedas convidada se ves por esta p#blgtk08#arte do mundo. Si que é un licor agradable.
Comentario por Eva Carpente (06-01-2011 21:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0