Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Retrato do artista adolescente
Ese que vedes na fotografía que vos achego son eu cando tiña uns dezaoito anos.

Estaba a representar co grupo de teatro "Berenguela" de Ferrol unha obra de teatro miña que tiña o ousado título de Que cadoiro de cagada! dixo a marquesa sentada nunha mesa.

Pasabámolo moi ben, faciamos teatro, difundiamos a cultura galega por colexios, institutos, asociacións de veciños, centros culturais de parroquias varias...

Representabamos esa obra miña que xa mencionei e unha de Manuel María que lle daba nome ao grupo de teatro: Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamamda Berenguela.

E por que colgo hoxe esta foto no Tiñádelo que ver?

Pois porque hoxe fai corenta e oito anos que nacín.

Si. O meu aniversario.

E collo o título da novela de James Joyce para falar de min.

Cando fixen dezasete anos unha amiga da que agora non sei nada, Ana Caxiao, autora de bos poemas e de fermosas letras para a cantante María Manoela agasalloume con este poemiña que vos achego. Corría o ano mil novecentos oitenta!

Dezasete ríos buscando mar aberto.
Dezasete forzas amurnando aceiro.
Dezasete lirios
Dezasete anceios
Dezasete gromos
Dezasete berros
Dezasete ocos...
Un mundo para enchelos.
Dezasete anos
Dezasete xeiras
Dezasete grans dunha colleita.


Relaciono esa fotografía coa época na que este poema foi escrito, meses máis, meses menos.

E hoxe, trinta e un anos despois, sabedes unha cousa?

Aínda teño ganas e forzas para encher os dezasete ocos, para dar os dezasete berros, para ulir os dezasete lirios e para amurnar aceiro.

Si. Forzas.



Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-01-2011 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 FELICIDADES!!!!!!!!!!!!
UNHA FOTO MOI CHULA!!
Busquei no google á túa amiga e polo visto seguiu#blgtk08# coa poesía, que xa se vía que era o seu, un poema fermosísimo!!
Corenta e oito fortes apertas!!!!!!!
Comentario por Eva Lozano (03-01-2011 15:54)
2 Desejo-lhe muitas felicidades e que toda esta força perpetue!
Quando abri esta página e dei de cara com esta foto, não tive como não emocionar-me, pois estas lembranças fazem parte da minha vida.
O grupo Berenguela, o qual fui convidada por você para fazer algumas participações especiais durante a minha passagem por Ferrol, deu-me uma grande força para a minha estrtura. Você é um exemplo vivo de uma luta incansável de um ideal.
Vejo que nestes últimos trinta anos esta luta não tem sido em vão, embora #blgtk08#difícil. Você tem se mostrado persistente a cada dia!
Ouso retribuir com o mesmo presente que me fez a trinta anos, o qual fez uma ressalva: "Para que nunca esqueças a lingua que falam teus amigos" e logo em seguida um lindo poema:
"Lingua proletária do meu povo
eu faloa porque si, porque me peta e quero e dame a gana,
porque me sai de dentro, ala do fundo...
O restante deixo pra você completar.
Parabéns e um grande abraço!
E como não, um grolo por seus quarenta e oito aninhos!
Comentario por Solange Villamar Couto (03-01-2011 17:47)
3 Algunha foto dos dous nalgunha re#blgtk08#presentación? A ver se aparece...
Comentario por Eva Lozano (03-01-2011 18:53)
4 A verdade é que aquela lonxana época de Berenguela foi un tempo de moi fermosa loucura e de moitas ganas de traballar, de encher ocos, tal coma di o poema de Ana Caxiao. Non sei se sir#blgtk08#vo como exemplo de nada, Solange. Simplemente fago as cousas como as fago porque penso que teñen que ser así. Oxalá nunca arrinque os pés do chan que piso. Grazas polos vosos parabéns.
Comentario por Xesús Constela (03-01-2011 21:22)
5 Feliz aniversario, ainda que chego un pouco atrasada. Seguro que o pasaches moi ben coa tua familia, tanta festa seguida!!!

Fermosísimas as lembranzas que relatas, e máis fermoso que sigas tendo forzas e ga#blgtk08#nas (és moi novo).

Cada día veño a este sitio e faime moita compaña ler as tuas palabras, cando tardas en aparecer por aquí, preocúpome e alédome cando volves.

Un bo grolo polos teus 48 anos.
Comentario por Eva Carpente (03-01-2011 22:13)
6 Grazas, Eva. DE todo corazón. Estas palabras que deixo cada día escritas neste blog non son nada, non sería#blgtk08#n nada, sen a vosa presenza diaria e os vosos comentarios sempre ben recibidos e sempre tan enriquecedores.
Comentario por Xesús Constela (05-01-2011 19:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0