Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do pasado maio
Maio foi un mes que rematou ateigado de controversia. E foi polo ataque do exército de Israel á chamada flota da liberdade que dende Turquía pretendía chegar á franxa de Gaza. Colguei no blog a canción Imagine de John Lennon interpretada por Noa e Khaled e apareceron nada menos que dezaoito comentarios que continuaron no mes de xuño!
Amamos a paz!
Comezaramos falando da inxustiza do burka, do día Internacional da liberdade de prensa e da lagoa Frouxeira de Valdoviño, que quedou seca polo mal facer da Xunta.
Pero tamén homenaxamos a Novoneyra:
LIBERTÁ chamas nos ollos tristes nas caras do METRO
nos que xa perderon o futuro e ganan o pan con sobresalto
na gran cidade nos tesos cumes i en todo o silencio preguntando
.
E a Fernando Pessoa:
Quando vier a Primavera,
Se eu já estiver morto,
As flores florirâo da mesma maneira
E as árvores nâo serâo menos verdes que na Primavera passada.
A realidade nâo precisa de mim.

Mentres escoitabamos a Dulce Pontes.
O mes trouxo ao anuncio dos recortes aos soldos do funcionariado e o procesamento de Baltasar Garzón por investigar os crimes do franquismo!
E para ilustrar estas tormentas vimos o vídeo The Storm, de Lottie Kingslake. Brillante!
Manifestámonos en Compostela o Día das Letras e botamos a tarde n?O Xirimbao para debater se debe o día ser festivo ou non. A auga era unha festa.
Ah! Si.
E tamén recomendei a lectura d?Un tipo listo do meu amigo Xosé Monteagudo.
Comentarios (3) - Categoría: Resumo do ano 2010 - Publicado o 30-12-2010 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Hoxe veño de saber do inminente comezo doutra guerra inxusta, en Costa de Marfil. Hai tres anos que conseguiran a#blgtk08# paz, e agora están a piques de rompela outra vez. Espero que o novo ano non lles empece con algo tan terrible...
Comentario por Eva Lozano (31-12-2010 15:33)
2 A paz é um bem essencial e, por que muitos fazem #blgtk08#questão da guerra? Viver em paz é tão mais fácil!
Comentario por Solange Villamar Couto (01-01-2011 19:05)
3 Sigo día a día eses terríbeis acontecementos da Costa de Marfil. Espero qu#blgtk08#e non teñamos que falar dunha traxedia máis neste nosos mundo tan inxusto!
Comentario por Xesús Constela (02-01-2011 19:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0