Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do pasado abril
Comezou abril co noso abraio (ou horror?) perante un neno mexicano a predicar cunhas argumentacións que de verdade puñan medo, un neno predicador que demos en comparar cun moniño de Xibraltar fotografado co meu móbil.
Un móbil que tamén trouxo almacenada na memoria a fotografía dunha vaca á beira do mar na praia de Zahara de los Atunes.
De literatura falamos da miña visita ao IES de Meaño para falar cos rapaces do meu Libro das alquimias e da visita que fixen á Fundación Rafael Alberti en Puerto de Santa María. Todos ueremos a Alberti! Tamén houbo lugar para A illa do tesouro de Robert Louis Stevenson, que provocou moitos soños de nenez. Ron, ron, ron, a botella do ron! Iván García Campos gañou o premio Blanco amor na súa edición número 18, na que tiven a honra de participar coma membro do xurado. E tamén visitei a Librería de Marín para comentar As humanas proporcións cos membros do seu club de lectura.
E en medio disto todo houbo tempo para reflexionar acerca da maxia das cousas pequenas.
E sorprendémonos coa morte de Malcolm MacLaren, aquel mozo rebelde que fora manager dos Sex Pistols e impulsor do movemento punk.
A primavera chegounos da man de Pina Bausch, cunha coreografía para Stravinsky e tamén da man de Cecília Meireles co seu poema Primavera.
De Brasil, chegounos unha magnífica fotografía dun grupo de indios enviada por Solange. Eu propuxen ao día seguinte un poema de Pablo Neruda acerca da Amazonía. Sube a nacer conmigo, hermano?
E vimos unha película, Domecku Var, de Jirì Barta, e asistimos a un concerto de Edith Piaf no París de 1962 a proposta de Eva Carpente, Non! Rien de rien ... Non! Je ne regrette rien?
E abandonounos Allan Sillitoe, que deixa para o mundo o gran legado d?A soidade do corredor de fondo.
Eva Lozano enviounos o gran poema de Brian Patten A confesión do pequeño Johnny:
Esta mañá
sendo máis ben novo e parvo
collín prestada unha metralleta que meu pai
deixara agachada dende a guerra, saín
e eliminei un bo número de pequenos inimigos
.
Reflexionamos acerca dos editores galegos e falamos do "abandono" de Suso de Toro.
Da lingua falamos dun gran festival de Queremos Galego contra o decretazo e da perda de falantes coma una hemorraxia que non cesa.
Rematamos o mes cunha poliña de xesta na man.
Comentarios (3) - Categoría: Resumo do ano 2010 - Publicado o 30-12-2010 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Vedes como parece#blgtk08# que foi onte?...
Comentario por Eva Lozano (30-12-2010 15:41)
2 Exacatamente iso estab aeu a pensar cando redactei todo o#blgtk08# anterior. Foi onte! Parece que non pasase nada de tempo.
Comentario por Xesús Constela (30-12-2010 18:19)
3 Parece mesmo! Dia desses mesmo estava este grupo de índios, tranquilos e sossegados admirando esse mar maravilhoso. Hoje estou eu no mesmo lugar olhando a sujeira que o#blgtk08# povo civilizado e culto deixou depois de uma comemoração tão aguardada. Sorte a dos índios que tem outro tipo de cultura e estão bem protegidos em suas tribos.
Comentario por Solange Villamar Couto (01-01-2011 18:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0