Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do pasado marzo
En marzo sorprendeunos outro terremoto, desta volta en Chile, o que nos levou a falar do Canto General de Pablo Neruda.
Empezamos tamén a falar de laicismo a conto da anunciada visita de Bieito XVI con motivo do Xacobeo. Núñez Feijoo teimaba en referirse a el como Santo Pai. Tamén falamos dos conselleiros disfrazados, de touros maltratados e de touradas de dereitas (Coma podedes observar a ?dereitada? vai toda neste parágrafo). Tamén pedimos a dimisión do conselleiro de educación por hipócrita, por mentirán e por manipulador!
Pola contra admiramos unha vez máis a Aung San Suu Kyi, por fin xa liberada e lle dedicamos No Woman No Cry de Bob Marley.
En medio disto todo compartimos unha fermosa película de Constantinos Pilavios e fixen unha loubanza das miñas magnolias.
E deixounos Miguel Delibes!
Viaxamos ás minas a ceo aberto de Corta Atalaya en España e de Serra Pelada no Brasil.
Comentamos o libro 55 mentiras sobre a lingua galega, grazas aos seus autores por escribilo, laiámonos da ruína de Ferrol Vello e escoitamos a Manu Dibango.
Rematamos o mes cunha canción de Jacques Brel, Jef?
E cun graffitti impresionante que fotografei co meu móbil nunha rúa de Gant (Bélxica): Gustaríame que o meu cerebro tivese un mapa que me dixese por onde ten que ir o meu corazón.
Comentarios (3) - Categoría: Resumo do ano 2010 - Publicado o 29-12-2010 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Fermosísimo#blgtk08# grafitti!!
Comentario por Eva Lozano (30-12-2010 15:34)
2 Xusto por iso o escollín como #blgtk08#fotografía do mes. Encantoume!
Comentario por Xesús Constela (30-12-2010 18:29)
3 O mês de março foi mesmo marcnte. E quanto ao gr#blgtk08#afite, é um dos melhores pensamentos que já li!
Comentario por Solange Villamar Couto (31-12-2010 20:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0