Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do pasado febreiro
Inauguramos febreiro con música de Nirvana e cunha curiosa oferta na que alguén regalaba un libro pola compra de tres bragas.
Tamén estreei categoría, fotos feitas co móvil. E comezamos cunha inocente ondiña na Praia de Areas que nos levou a reflexionar acerca das cousas que quere contar o mar, para tamén incluír días despois un fermoso lavadoiro de pedra en San Adrián de Cobres.
Cantamos tamén a chegada da choiva cun poemiña de Federico García Lorca, alporizámonos coa usura do modisto Adolfo Domínguez, que avogaba polo "despido libre" para motivar aos empregados (vaia un empresario!) e tamén nos unimos á conmemoración do Día Internacional contra a ablación de clítoris.
Escoitamos a Silvio Rodríguez, a Lluís Llach e a Madredeus e falamos dunha nubeciña que Solange enviou dende Brasil. (Moitas grazas de novo), recitamos a Kavakis e a Curros Enríquez e comentamos o chamado Método Burela de planificación lingüística.
No capítulo de persoas non gratas falamos de Jesús Vázquez, conselleiro de educación premiado polo Opus Dei, a Rosa Díez, moderna e pexorativa, a un cura de Toledo amante da pornografía.
E tamén viaxamos a México para visitarmos o ?cenote? de Dzinup e comentamos a obra de Gerald Durrell, e reflexionamos acerca dos nosos computadores e do importante labor que desenvolven os tradutores no mundo da literatura (isto último, non o dixen no seu momento, en homenaxe a Eva Lozano, tradutora dos meus libros ao castelán e o catalán).
E xuntos contemplamos abraiados a obra de Michel Ocelot, Príncipes e princesas, de Hans Sylvester acerca da tribo africana de L?Omo e unha fermosísima película de animación de Amnistía Internacional, O peso dunha sinatura.
E non fixemos máis porque o mes de febreiro non é tan longo coma os outros.
Que se o fose aínda máis faríamos.
Comentarios (5) - Categoría: Resumo do ano 2010 - Publicado o 29-12-2010 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Aquí a humilde tradutora só desexa que no 2011 algún editor publique algunha das túas obras en castelán ou catalán!! Crucemos os dedos!! E que#blgtk08# me dis da tradutora ao brasileiro? Solange: non o deixes, que estache quedando moi ben!!
Un grolo pola obra de Xesús, un dos grandes!!
Comentario por Eva Lozano (30-12-2010 15:33)
2 O de un dos grandes sobra, Eva. Non sei se me emociona ou me fai saltar as cores. Prometo aquí diante de todo o mundo non cesar no meu intento de conseguir #blgtk08#que as túas traducións vexan a luz como merecen. E o mesmo digo de Solange. Veña un grolo polas boas tradutoras! Veña un grolo de fin de ano por nós todos!
Comentario por Xesús Constela (30-12-2010 18:26)
3 Moitos grolos por todos nós botaremos esta noite...!! Prometo lembrarme de t#blgtk08#odos vós!! Que no novo ano sigamos atopándonos neste recuncho tan especial!!
Comentario por Eva Lozano (31-12-2010 15:27)
4 E vai meu grolo dende aqui de Bertioga, com muito calor, uma praia abarrotada e muita cerveja gelada. Essa parte da cerveja tenho que pular, ainda não posso, mas faço de conta. E#blgtk08#va não se preocupe, pois a tradução dos livros de Xesus passou de um desafio para um objetivo e, conto com sua ajuda. Quem sabe 2011 seja mesmo repleto de realizações! Tim Tim!!
Comentario por Solange Villamar Couto (31-12-2010 19:47)
5 Pois veña ese grolo por u#blgtk08#n ano cheo de boas novas!
Comentario por Xesús Constela (02-01-2011 13:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0