Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do pasado xaneiro
Inauguro categoría para vos convidar a reflexionar acerca de todo canto temos falado ao longo deste ano 2010 que agora remata.

Non pretendo, non teñades medo, redactar un índice.

Ofrécennos a televisión, a prensa, as emisoras de radio... anuarios variados de todo canto aconteceu ao longo do ano.

Por que non facer nós o mesmo?

Comezabamos este 2010 que xa vai vello e remata con música de Fred Astaire e de Fuxan os Ventos e laiándonos dos brotes racistas da Italia berlusconiana e do peche da conserveira Alfageme, cando nos vimos de súpeto sorprendidos polo terremoto que esgazou Haití de punta a punta. Puxémoslle música de Gustave Mahler (A canción da terra) para preguntarnos polo porqué desa gran inxustiza.
Entón comezaron para o noso aldraxe os graves conflitos que o goberno de Núñez Feijoo creou arredor da nosa lingua, desta materia prima coa que tecemos soños e construímos literatura case sen os decatar.
Comezaba tamén polo xaneiro a conmemoración do centenario do meu admirado Miguel Hernández. Iso deunos pé para podermos falar de canto nos gustaban as Nanas de la cebolla.
Pechamos o mes coa morte de J. D. Salinger, cunha fermosísima canción de Alan Stivell, cos Funeral Blues de W. H. Auden, coa Oda al día Feliz de Pablo Neruda e co 65º aniversario da liberación do campo de exterminio de Auschwitz, declarado polo ONU Día Internacional para Honrar a Memoria das Vítimas do Holocausto.
Falamos tamén en xaneiro da recomendación que Eva Carpente escribiu para o blog de Galaxia acerca de A Praia dos afogados e das miñas prantiñas recén podadas.

Anda que non falamos nin nada!

Comentarios (5) - Categoría: Resumo do ano 2010 - Publicado o 29-12-2010 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Que bo!! O que pasa é que isto tamén nos fará ver o rápido que pasa o tempo, porque semella que foi onte e xa vén aquí o outro xaneiro...
Un grolo po#blgtk08#r todos os xaneiros e por todas as nosas conversas a distancia!! Propoño un intento de xuntanza cando nos visite Solange dende Brasil, sería tan fermoso...
Comentario por Eva Lozano (30-12-2010 15:27)
2 Pois claro que si. Non me importa o paso do tempo cando as cousas que lembramos merecen ser lembradas. (vaia rollo que estou a me facer). Quería dicir que todos os voso#blgtk08#s comentarios non fixeron máis que enriquecer esta páxina en branco que imos cionstruindo día tras día dende hai xa dous anos. E si. Eva. Temos que vernos. Por suposto.
Comentario por Xesús Constela (30-12-2010 18:23)
3 Tem toda razão Eva, e já se aproxima mais um janeiro! Lendo este seu breve resumo Xesus me dou conta de como tem sido prazeroso entrar todos os dias em seu tão bem informado blog e deixar um singelo comentário. Já se tornou um vicio! E além de tudo,#blgtk08# me sinto muito mais perto de vocês! Agradeço toda a estima por mim e saibam que a recíproca é verdadeira! Quanto ao nosso encontro, já estou estudando as possibilidades e me emociono só em pensar, afinal desde a última vez, já se passaram 30 anos.
Comentario por Solange Villamar Couto (31-12-2010 19:06)
4 Pois hai vicios que pagan a pena. Non o abandones, Solange! 30 anos non son#blgtk08# nada! Sempre queda a boa amizade, que é coma os bos viños: gaña cos anos.
Comentario por Xesús Constela (02-01-2011 13:33)
5 Não abandonarei! Estes comentarios estou enviando diretamente do meu celular (móbil). Estou de férias, longe dos compromissos, mas per#blgtk08#tinho de vocês.
Como falamos por aqui: Quanto mais tempo melhor!
Comentario por Solange Villamar Couto (02-01-2011 18:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0