Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Banksy e o museo da rúa
Ninguén sabe quen é Banksy, pero se trata dun dos artistas máis internacionais deste noso mundo para ben ou para mal tan globalizado.

En realidade tamén se di que Banksy non é unha única persoa senón un grupo de artistas, pero non sei até que punto isto pode ser certo, xa que hai testemuñas que din que ten o cabelo louro e é inglés, de preto da cidade de Bristol.

O máis interesante de Banksy, de todos xeitos, e ademais da enorme calidade da súa obra ás veces efémera, é precisamente este anonimato que lle permite moverse dun país a outro sen levantar sospeitas nin arremuiñar ao seu redor unha nube de críticos de arte e fotógrafos de prensa.

A súa obra (a súa pegada) vai ficando por todos os lugares polos que pasa, polo que non necesita de galerías nin museos.

O museo é a rúa.

E iso é o que a fai grande.

Comentarios (4) - Categoría: Casa Van Gogh - Publicado o 29-12-2010 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Boa mostra do seu traballo! Non todas as pintadas son iguais, moitas son verdaderas obras de arte que temos a sorte de pode#blgtk08#r contemplar fóra dos museos.
Un grolo por Bansky, e por todos os artistas que comparten a súa arte gratuitamente!!
Comentario por Eva Lozano (30-12-2010 15:24)
2 Paréceme grandioso converter a rúa nun museo enorme. Tes moita razçon: ha#blgtk08#i pintadas que constitúen obras mestras de gran calidade. Hai marabillas.
Comentario por Xesús Constela (30-12-2010 18:20)
3 Sei que hai verdadeiras obras maestras, pero eu non tiven a sorte de velas, todas cantas vin só fan empo#blgtk08#rcar as fachadas.

Grazas ós que fan cousas bonitas e as dan de balde. Un grolo por eles.
Comentario por Eva Carpente (03-01-2011 21:35)
4 Este grafiti non #blgtk08#ten desperdicio.
Comentario por Guereñu (11-11-2012 13:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0