Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Unha maldita árbore de nadal!
Fixádevos na fotografía que achego.

Trátase da árbore de nadal do hotel Emirate Palace de Abu Dhabi, un país onde o nadal cristián non se celebra porque é oficialmente musulmán.

O piñeiro, nun país onde non existen os piñeiros, polo que houbo ser importado, mide trece metros de alto e ten 131 adornos.

O peor de todo é a inmoralidade do seu prezo: 8'3 millóns de euros (ou 11 millóns de dólares USA)!

Está adornado con alfaias e reloxos de ouro, con dimanates e con zafiros!

Nun mundo onde hai xente que non ten cartos nin para comer, nin para ter un fogar, nin para curar unha maldita enfermidade terceiromundista desas que son curábeis neste primeiro mundo!

Non teño máis comentarios!
Comentarios (6) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 24-12-2010 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 E pensar que tantos se contentam com tão pouco... Restos de comida... Uma boneca re#blgtk08#mendada...Um carrinho sem rodas...
Não é este mundo que eu imaginei pra nós!
Comentario por Solange Villamar Couto (24-12-2010 16:19)
2 É o que che digo. Reprobo todo ese derroche, pero non podo facer nada, non está na miña man outra cousa que opinar e criticar. O mundo non varía por iso. Tra#blgtk08#to hoxe de gozar do que teño, do que pouco a pouco na miña vida fun quen de acadar, dou un pouco a quen penso que o necesita, mais non tiro a fame do mundo.
Comentario por Eva Carpente (25-12-2010 22:01)
3 Imposible para nós cambiar a situación, evidentemente, así que único que podemos facer e educar a fillos e#blgtk08# netos para que non malgasten, para que agradezan o que teñen, para que non teñan máis do que necesitan...
Comentario por Eva Lozano (26-12-2010 12:59)
4 Xa sei que non imos cambiar nada. Ou quizais si, quen sabe. Pero polo menos deixar constancia aquí neste diario do meu desagarado con algo que me parece máis ca inmoral. Iso é quizais o único que me queda por facer. Deixar constancia, que é como deixar unha pegada en dirección contraria nun camiño. Calquera que pase por alí despois de min dirá con toda a razón do#blgtk08# mundo que alguén pensou diferente do establecido e por iso descubriu que o camiño tamén se podía facer ao revés. Esas actitudes moven ás veces o mundo. Quizais por iso está ben educar os fillos na idea de que todas as cousas que existen poden observarse dende varios puntos de vista entre os que eles terán que escoller o que lles pareza máis fiel ao que pensan.
Comentario por Xesús Constela (27-12-2010 11:35)
5 Eu acredito fielmente que é importantíssimo mostrar as diferenças para o mundo, para os nossos alunos e, principalment#blgtk08#e para nossos filhos. Este têm sido um trabalho diário que realizo a vários anos. Talvez um dia eu veja algum retorno.
Comentario por Solange Villamar Couto (27-12-2010 12:31)
6 Para non ser cristians mira que lles sae caro o Nadal. Ten razón un amigo meu, desde que un Ferrari non é capaz de adiantarlle a un Renault o fin do mundo está a chegar e agor#blgtk08#a unhos musulmans (que ninguen busque desprezo na expresión que non o hai) van e gastanse 8,5 millóns de "leuros" nunha árbore de Nadal. Nada quedan dous telediarios. Saudos.
Comentario por A cruz da Campá (27-12-2010 15:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0