Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Unha foto n'A Estrada
Aínda que a cámara de fotos era Manolo Forcadela, que foi quen se encargou de disparar ao longo de toda a noite primeiro na cea e despois na longuísima sobremesa, esta foto sacouna algunha outra persoa que agora non podo lembrar, síntoo.

Velaquí un grupo de literatos (sempre me fixo graza esta palabra) nunha escaleira na que nin subimos nin baixamos. Só agardo que non sexa un símbolo de nada.

Bromas fóra ese mencer entre amigos n'A Estrada foi unha ledicia.

De esquerda a dereita: Antón Lopo á miña beira e detrás de nós Forcadela. e detrás de Forcadela Adolfo caamaño, e díante del Carlos Lema e Anxos Sumai, a única muller do grupo. E detras de anxos Antón Riveiro Coello e Xosé Monteagudo.

Pode que fose Chus Pato a autora da foto.

Quizais.

A foto estará de hoxe en diante no álbum do Tiñádelo que ver.



Comentarios (5) - Categoría: De literatura - Publicado o 17-12-2010 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Unha fermosa foto!
Belíssima recor#blgtk08#dação!!
Parabéns a todos vocês!!!
Comentario por Solange Villamar Couto (17-12-2010 22:11)
2 Unha excelente escolma de representantes da nova narrativa galega!!
Mo#blgtk08#itos grolos por todos vós!! Agora coas festas teremos que coidar tanto grolo!
Comentario por Eva Lozano (18-12-2010 16:56)
3 Primeiro botemos os grolos e logo toemmos t#blgtk08#isanas para a gran resaca. Pero brindemos!
Comentario por Xesús Constela (18-12-2010 19:29)
4 Xesús, lembra que nos espera un encontro á volta da viaxe. A ver se podemos xuntarnos todos.
Podes enviarme a foto? Mágoa que non saíse Chus. Si, creo que foi#blgtk08# ela quen nos fotogafou.
Bicos no xardín, meu amigo. Foi unha noite creativa e o mencer, sen precisarmos tisanas, foi bonito.
Que tal a sidra?
Comentario por Anxos (27-12-2010 20:30)
5 Xesús, lembra que nos espera un encontro á volta da viaxe. A ver se podemos xuntarnos todos.
Podes enviarme a foto? Mágoa que non saíse Chus. Si, creo que foi#blgtk08# ela quen nos fotogafou.
Bicos no xardín, meu amigo. Foi unha noite creativa e o mencer, sen precisarmos tisanas, foi bonito.
Que tal a sidra?
Comentario por Anxos (27-12-2010 21:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0