Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Edgar Allan Poe: Annabel Lee e O Corvo
Falabamos onte do Poe narrador, do gran construtor de relatos que sempre deixan unha fonda pegada nos lectores.

Poe, por certo, ten tamén grandes detractores.

Pero hoxe decidín volver falar del polos vosos comentarios acerca de Virginia, a súa esposa morta tan nova sen ler nin unha soa palabra dos escritos de seu home, algo que nunca puiden comprender.

A Virginia, de quen só se conserva este retrato que vos achego, unha acuarela pintada tras da súa morte, dedicoulle Poe, aínda que non o dixese, dúas das súas mellores obras: os poemas "Annabel Lee" e "O corvo".

(A tradución que vos achego de "O corvo" é de Fernando Pessoa.)

Pero o noso amor era máis forte có amor
daqueles que eran maiores ca nós?
de moitos máis sabios ca nós?
e nin os anxos do Paraíso de enriba
nin os demos de debaixo do mar
afastarán xamais a miña alma da alma
da fermosa Annabel Lee.
..

Vaia unha muller esta Virginia que tan fonda pegada deixou no escritor.

Veña un grolo por ela, entón!

Comentarios (4) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 16-12-2010 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Cáeme ben Virginia, se cadra é cousa solidaria de feminas, ou que esperta o meu instinto ma#blgtk08#ternal. Que tería sido Edgar de ser criado nunha familia normal?. Fermosísimo Annabel Lee.
Comentario por Eva Carpente (16-12-2010 22:02)
2 Virginia transmite uma paz interior, um semblante de pessoa serena, e, por certo, capaz de compreender as atitudes de Poe. Virginia talvez tenha dado a Poe todo este amor que lhe falto#blgtk08#u quando criança e, superado uma carência de afetos, embora tenha desperdiçado várias oportunidades.
Xesús, o poema é maravilhoso e este trecho que você citou é o mais lindo!
Comentario por Solange Villamar Couto (16-12-2010 23:30)
3 Si. Annabel Lee é un poema moi fermoso e a historia de Virginia e Edgar agachada detrás aínda lle dá máis fermosura. Era unha parella interesante#blgtk08#. Que tería sido de Edgar sen a calor familiar desa Virginia con quen tan pouco tempo puido convivir? A vida ás veces é dura e cruel, non credes?
Comentario por Xesús Constela (17-12-2010 18:07)
4 Lembro a canción de "Annabel Lee" de Radio Futura... Canto me gustaba!!

#blgtk08#/> Aquí vos deixo vídeo:

http://www.youtube.com/watch?v=BuZMhbU5TPY
Comentario por Eva Lozano (18-12-2010 16:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0