Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do meu tan admirado Edgar Allan Poe
Veño de ler The Gold Bug, O escarabello de ouro de Edgar Allan Poe, ese relato tan ben construído acerca dun home (William Legrand) que descifra o vello manuscrito do Capitán Kidd grazas a un escarabello que atopa nun paseo pola illa de Sullivan, onde vive.

Que ten Poe que é capaz de levar o lector por onde quere coa súa literatura?

Quen nunca teña lido A caída da Casa Usher, ou A máscara da morte vermella, ou O gato negro, ou o magnífico relato Os crimes da Rúa Morgue, ou Manuscrito atopado nunha botella, ou O pozo e o péndulo, ou Ligeia, ou calquera outro, aínda non sabe o que perde.

O bicentenario de Poe celebrouse o ano pasado (naceu en Boston en 1809) e foi o primeiro escritor norteamericano non pertencente á burguesía (seus pais eran actores).

Quedou orfo cando era moi pequeno e foi adoptado pola familia Allan (de aí o seu apelido primeiro, o segundo era de seu pai natural) aínda que non houbo adopción legal.

O seu paso pola universidade durou paenas un semestree, pois foi expulsado pola súa "mala vida" (débedas de xogo, alcohol...).

O seu primeiro intento de abrir un camiño no mundo da literatura foi da man da poesía pero como non tivo éxito ningún entrou no exército (foi enviado precisamente ao Forte Moultrie da illa de Sullivan, onde se desenvolve o argumento de O escarabello de ouro) pero esta época, coma a universitaria, tamén durou pouco e foi de novo expulsado por "mal comportamento".

E así foi a súa vida, entre fracasos literarios e profesionais.

Mesmo casou cunha curmá súa, Virxinia, que nunca leu nin unha palabra do que Edgar escribiu!

Sempre ralacionado co alcohol e o láudano, a súa vida foi un incesante vaivén e apareceu morto nun calexón de Baltimore sen que nunca chegasen a coñecerse os motivos da súa morte.

Tiña corenta anos!

E deixou unha inmensa obra literaria!

Veña entón un bo grolo por el!
Comentarios (6) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 15-12-2010 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Tenho este livro agora em minhas mãos!!!
Aqui traduzido "Histórias Extraordinárias". Acho mesmo que estava esperando o momento certo para sua leitura. Vou começar hoje mesmo!!!
O que me chamou a atenção é o fato de Poe #blgtk08#ter deixado tão vasta obra literária e, ter tido uma vida cheia de tropeços por caminhos tão tortuosos.
E porque será que Virginia não leu nenhuma palavra do que ele escreveu? Bom, deve ter tido fortes motivos para tal proeza.
Comentario por Solange Villamar Couto (15-12-2010 21:04)
2 Hai anos lin unha escolma co mesmo título que sinala Solange. A min cústame máis traballo pensar cómo Virginia casou cun home co histor#blgtk08#ial de Egdar Allan Poe. Non parece o home que calquera nai quere para a sua filla. Agradezo a obra que nos deixou. Suscribo ese grolo.
Comentario por Eva Carpente (15-12-2010 23:07)
3 Eu xustamente hoxe lin no xornal un artigo sobre el e as mentiras que publicaba sobre o mundo natural. Tamén se comenta aquela anécota na que estando Virginia moi enferma de tuberculose el decidiu sacar diñeiro fácil do "The Sun" ofrecéndolles a noticia de que cruzara o Atlántico en globo en só tres días. O diario,#blgtk08# sensacionalista de sempre, comproulla, e despois duns días alguén, que pensan que poido ser o mesmo Poe, publicou outra noticia dicindo que ao non haber testemuñas o feito ben podía ser mentira. Pero el sacou o diñeiro que necesitaba para atender á muller, xa que daquela non tiñan un peso.
Un grolo por el!
Comentario por Eva Lozano (16-12-2010 12:09)
4 Eva Carpente, o que li sobre Poe, diz que ele casou-se com Virginia em segredo. Ele tinha 27 anos e ela 13. Virginia morreu aos 24 anos de tubercul#blgtk08#ose e, com sua morte Poe teria se tornado um homem mais instável ainda, se tornando vulnerável às bebidas e ao jogo.
Vai o meu grolo também!
Comentario por Solange Villamar Couto (16-12-2010 13:58)
5 Todos adoramos a Poe, polo que observo, ao tempo que estamos sorprendidos pola vida que levou. supoño que todo se forxou na nenez, no feito de morreren seus pais sendo el tan novo. Levábase a matar cos seus pais adoptivos e quizais de aí parte a súa perpetua rebeldía, unha rebeldía que o levou me#blgtk08#smo a actuar contra si mesmo. Unha mágoa que morrera tan novo porque deixou monumentos literarios de gran magnitude. Interesante iso que contas de the Sun, Eva. Pobre Virginia, por certo. Non entendo tampouco que non lese nada da obra de Edgar. Dinlle moitas voltas e de verdade que non o entendo.
Comentario por Xesús Constela (16-12-2010 19:51)
6 Se cadra Virginia, cos seus 13 anos e xa casada (coido que iso é corrupción de menores, ou polo menos abuso)non tivo nin tempo de ler. Coidar da casa dun home tan extremo debe d#blgtk08#ar moito traballo. Lástima morrer tan nova, no tempo axeitado para casar. Vivir tan ás presas non debe ser bó. Tamén me da mágoa de Edgar, logo de mal vivir morrer ós 40 anos...
Comentario por Eva Carpente (16-12-2010 21:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0