Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do legado de Manfred Gnadinger en Camelle
Tiven hai pouco a oportunidade de pasar uns días na Costa da Morte e unha mañá achegueime á vila de Camelle.

Xa visitara Camelle con anterioridade.

Pero fora antes do desastre do Prestige, o que quere dicir que foi antes na morte de Man.

Podería gustar o non a montaxe artística levanatada ao longo de moitos anos por Manfred Gnadinger na costa da vila (sobre gustos píntanse cores), pero non hai dereito ningún a que as institucións TODAS deixasen que a súa obra esmorecese do xeito en que o fixo.

O legado de Man na costa de Camelle converteuse nun vertedoiro de lixos variados.

A súa vivenda está en ruínas!
As pedras perderon as fermosas cores coas que o artista as pintara!
Ninguén volveu podar as prantas!
E así un longo etcétera que fixo que me caese a alma aos pés.

Sempre contemplara o lugar co orgullo de saber que estaba perante unha singularidade digna de preservar.

Lástima que as autoridades competentes non pensasen o mesmo!

Se queredes saber máis da cronoloxía desta vergoña podedes facelo aquí.

Quixera dende aquí render unha homenaxe a Man e denunciar o estado no que se atopa o seu legado na costa de Camelle.

Achégovos uin fermoso vídeo que atopei na rede acerca do tema.

A canción que soa é de Joan Isaac e a letra di:

Novembre abría os seus brazos
e ti espido, coma cada mañá,
procurabas polas rochas
o rastro do teu paraíso.

Onde están os paxaros de ás brancas,
onde está o salvaxe rumor,
onde está a memoria mariña
da escuma e do nordés?.

E mudo mentres contemplabas a traxedia
lembrabas cando fuxiras
daquela Alemania neboenta
onde nada tiña sentido.

Pero Manfred, que lle fixeron ao mar?
que a auga se tinguiu de morte,
que chegan á praia ondas de vergoña
que o emporcan todo.

Pero Manfred, que lle fixeron ao mar?
que che arrincaron do corazón
con lanzas de miseria
a atlantica beleza que o asolagaba todo.

Novembre abría os seus brazos
e ti espido, coma cada mañá,
procurabas polas rochas
o rastro do teu paraíso.

Pero quen foi capaz de che roubar
o soño do mar infindo,
a vida a bañarse na praia
e o berro abisal dos golfiños.

E din as meigas mariñas
que te ven camiñar polos cantís ,
unha sombra entre tebras, vestido de nuez,
e un mar de tristura nos ollos.




Comentarios (8) - Categoría: Casa Van Gogh - Publicado o 01-12-2010 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Fiquei fascinada com esta história de Man em Camelle.
Que lugar maravilhoso! Não deveria, e, nem tão pouco pode estar abandonado. Isso é uma riqueza da natureza e vendo estas imagens chega doer o coraç#blgtk08#ão.
Esse Museu a céu aberto deveria ter sido guardado a "sete chaves"! Por mais que a natureza demonstre sua força, o homem também pode demonstrar a sua. É só querer!!!
Que canção linda!
Comentario por Solange Villamar Couto (01-12-2010 21:01)
2 Fiquei fascinada com esta história de Man em Camelle.
Que lugar maravilhoso! Não deveria, e, nem tão pouco pode estar abandonado. Isso é uma riqueza da natureza e vendo estas imagens chega doer o coraç#blgtk08#ão.
Esse Museu a céu aberto deveria ter sido guardado a "sete chaves"! Por mais que a natureza demonstre sua força, o homem também pode demonstrar a sua. É só querer!!!
Que canção linda!
Comentario por Solange Villamar Couto (01-12-2010 21:02)
3 Não sei o que aconteceu e foi registrado duas vezes o meu comentário. Por certo, e assim querendo, fica re#blgtk08#gistrada duas vezes então, a minha indignação pelo desprezo das autoridades por este patrimônio histórico!
Comentario por Solange Villamar Couto (01-12-2010 21:43)
4 Pois que fique tres veces constatada. Si señor. Solange. É unha vergoña#blgtk08# maiúscula o estado no que está o museo de Man. Non ten xustificación.
Comentario por Xesús Constela (01-12-2010 21:45)
5 Unha mágoa, #blgtk08#sen dúbida.
Comentario por Eva Lozano (02-12-2010 00:08)
6 O problema sempre está nas autoridades, dis ti que "...as autoridades compe#blgtk08#tentes...", o problema é que as autoridades soen ser incompetentes. Saudos.
Comentario por A cruz da Campá (02-12-2010 10:24)
7 Si señor. As autoridades son d#blgtk08#unha incompetencia que abafa.
Comentario por Xesús Constela (02-12-2010 10:52)
8 O asunto das competencias das autoridade#blgtk08#s eche moi complexo e todo un misterio.
Comentario por Eva Carpente (04-12-2010 22:26)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0