Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

O Gudea de Lagash
O Gudea, ensi ou patesi era algo así como un rei-sacerdote da cidade de Lagash, un cargo que polo visto exerceu ao longo duns vinte anos (2144 a.C.-2.124 a.C.) no periodo que na arte se coñece como neosumerio.

Durante o seu reinado amosou máis interese pola cultura (especialmente a literatura) que pola guerra, algo nada habitual na época que lle tocou vivir.

Só tiña un defecto: era un ególatra de tal calibre que se conservan coma vinte e tres estatuas súas en diferentes posturas.

Grazas a iso o seu rostro chegou a nós a pesares do paso do tempo.

A imaxe que vos achego pertence a unha desas estatuas, por suposto de autor anónimo, que se atopa no Museo do Louvre.

Por que a achego?

Pois porque cando enviei o meu Libro das alquimias ao premio Torrente Ballester o pseudónimo que utilicei na plica foi precisamente o de "Gudea, príncipe de Lagash".

E deume sorte.

Fóra do anecdótico é unha estatua que sempre espertou a miña admiración (quizais por iso de que está sentado coma a miña avoa Manola, sempre coas pernas tapadas cunha manta...)

Ególatra ou non, admiro esa parte cultural do reinado deste Gudea. Moitos políticos actuais deberían de tomar boa nota.

A cultura sempre é máis importante cá guerra.

É máis: a cultura pode evitar moitas guerras!


Comentarios (7) - Categoría: Casa Van Gogh - Publicado o 30-11-2010 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Concordo plenamente Xesús, quando diz que a cultura pode evitar muitas guerras! Lamento que muitos não queiram que a cultura se sobresaia.
Gostei muito desta estátua. #blgtk08#Tem algo de misterioso nela. Alguma coisa forte, que não sei o que é, mas que não me deixa parar de olhar.
Se te deu sorte, então que seja bem vinda, estátua da sorte!
Comentario por Solange Villamar Couto (30-11-2010 21:35)
2 O que me veio na cabeça agora, seria o que estaria a pensar este homem egó#blgtk08#lotra no momento em que pousou para ser retratado? Gostaria de sabê-lo!!!
Comentario por Solange Villlamar Couto (30-11-2010 21:39)
3 Pois si, a cultura gardaría moita paz e daría moita satisfacción á xente, pero os gobernantes non deben pensar#blgtk08# o mesmo e tampouco teñen o mesmo concepto de cultura, nin de educación. Alguén debería aclararlles as ideas.
Comentario por Eva Carpente (30-11-2010 22:58)
4 O problema é que os políticos tería#blgtk08#n que empezar por ter cultura eles.
Comentario por A cruz da Campá (30-11-2010 23:13)
5 O maior problema é que eles querem o povo cada vez mais ignorantes, pois assim fica mais fácil a manipu#blgtk08#lação e mais difícil de descobrir a podridão que eles escondem atrás de uma cultura inversa de valores.
Comentario por Solange Villamar Couto (01-12-2010 13:05)
6 Pois xusto por iso todo que dicides xentín admiración por este homiño sentado. Ou mellor, por #blgtk08#este pequeno gran home sentado. A saber o que lle pasou pola cabeza no intre de ser retratado!
Comentario por Xesús Constela (01-12-2010 19:22)
7 Como sabedes fíxose esculpir moitas veces: de pé, sentado... O "patesi" Gudea, que ten moito mérito segundo as testemuñas hi#blgtk08#stóricas pola súa labor construtora, foi un tirano de aúpa. A súa actitude votica é -coma noutros casos- mera formalidade.
Comentario por Guereñu (17-11-2012 23:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0