Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Coidado: Somos hipoteca!
Naceu da man do capitalismo un novo xeito de escravitude.

Somos hipoteca!

Os bancos e as entidades crediticias todas, da man dos gobernos que o toleraron, concederon cartos e máis cartos a calquera que os pedise para teren a poboación amarrada a eles de por vida.

Somos hipoteca!

Pero chegou a crise maldita.

Somos hipoteca!

E caeron os empregos...

E a poboación continúa encadeada a esta economía agresiva coa que nos tocou convivir.

Somos hipoteca!

Hai familias nas que todos os membros perderon o traballo pero continuan ligados de por vida aos bancos que lles concederon os cartos para comprar unha vivenda que tamén perderon.

Somos hipoteca!

Isto funciona así: Se non lle pagamos ao banco o diñeiro que nos prestou ten dereito a embargarnos. E logo subasta a propiedade embargada. E se na tal subasta non saca a cantidade que nos prestou (que é o normal dada a sobretaxación ocasionada pola famosa burbulla inmobiliaria) estamos obrigados a seguir pagando e pagando e pagando...

Somos hipoteca!

Na Roma clásica o amo podía liberar o seu escravo.

Neste capitalismo feroz que estamos a vivir os escravos nunca poderán ser liberados!

Comentarios (4) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 25-11-2010 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Como comentei antes, tampouco era normal que concedesen hipotecas descomunais a xente con nóminas xustiñas. A min concedéronma, baixa, por certo, pero simplemente confiando en que o meu compañeiro, que era autónomo, cubrise os pagamentos e por suposto, que a parella durase... Algo incrible e surrealista!#blgtk08#! A min foime ben, a cuota é baixa e agora tamén eu son autónoma, pero non quero nin pensar en todas aquelas parellas de vinte anos que se metían a adosadas con hipotecas de 1.000? en adiante. Claro, hai que ter cabeza, por unha banda e pola outra... non me estraña nada que agora teñamos este panorama...
Comentario por Eva Lozano (25-11-2010 20:30)
2 Eu creo que o problema non é o sistema, dame igual capitalismo ou comunismo, o problema sempre son os que o xestionan. As hipotecas subprime surxen porque había que vender hipotecas porque habia que aum#blgtk08#entar os beneficios. É o que ten ter nominas por obxectivos que deixas de pensar no largo prazo e empezas a pensar só na nómina dese mes. Os humanos acostumamos a cargarnolo todo, vai na nosa natureza.
Comentario por A cruz da Campá (25-11-2010 23:19)
3 Canta razón levas. E mentres tanto, a ver onde durm#blgtk08#imos nestas noites frías!

Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (28-11-2010 09:16)
4 Teño que aproveitar calquera foro para poñer a miña denuncia contra unha que foi ministra de Vivenda e non fixo nada para evitar o que agora sofren miles de persoas:

sábado, 17 de noviembre de 2012

Asco

Cuando alguien que ha sido ministra de la Vivienda y se ha pasado el tiempo sin atender a una de sus principales obligaciones, que es la de crear las bases para que cada español tenga una vivienda digna, opina ante el público que "el que tenga deudas que las pague", en alusión a las miles de personas que están siendo desahuciadas por no poder hacer frente a sus deudas, provoca un enorme asco entre cualquier persona que tenga un mínimo de humanidad.

Hay personas que no han tenido la posibilidad de formarse como la señora Trujillo (en mala hora ministra de la Vivienda), ni tienen los recursos que la señora Truj#blgtk08#illo se ha procurado cuando fue miembro (o miembra) del Consejo Económico y Social de Extremadura. Ahora parece ser que ha vuelto a la docencia, pero compatibiliza esa función con la vergonzosa de distintas actividades lucrativas inmobiliarias (¡después de haber sido ministra de la Vivienda!) y energéticas. Tiene energía la señora Trujillo para embadurnar de mierda no ya a un partido político -al que no sé si pertenece- sino a todo un país que se debate en una crisis económica hiriente para la gran mayoría.

Y la que es capaz de llenar de mierda a todo un país con unas declaraciones como las que cito arriba, de las cuales no se ha retractado, es capaz de cualquier cosa. Va siendo hora de que se piense a quien se nombra ministro o ministra para esto o lo otro. Mientras tanto vamos a ver si nos libramos de la podredumbre esparcida por esta señora.
Comentario por Guereñu (17-11-2012 23:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0