Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Galaxia e o premio da cultura
Coa lingua non valen medias tintas.

Ou nos definimos ou non nos definimos.

Logo do xesto de Agustín Fernández Paz a Editorial Galaxia vén de aceptar o premio da Cultura Galega 2010 no apartado de Promoción Cultural concedido pola mesma Xunta de Galicia contra a que os escritores galegos nos manifestamos varias veces en Compostela ao longo desta triste lexislatura para a nosa lingua.

Quixera lembrar que foi o Conselleiro de Cultura do actual goberno galego, o mesmo que concede eses premios, quen dixo que a cultura galega é unha cultura acomplexada.

Di Galaxia na súa defensa que acepta o premio por tratarse de algo "institucional".

Recoméndovos o artigo que hoxe publica Xurxo Borrazás no xornal El País acerca deste tema baixo o magnífico título de A estrela e os galácticos.

Quixera destacar tres citas sacadas dese artigo porque representan dun xeito pefecto a miña opinión acerca deste tema dos premios da Cultura Galega 2010:

Galaxia toma a súa decisión aparcando as súas conviccións e representándose a si mesma como sociedade anónima: a censura máis efectiva, e ao tempo elegante, non é a que reprime senón a que acada a dependencia dos censurados.

A Real Academia Galega, da que o presidente de Galaxia é membro, non colaborou na patomima destes Premios-parodia de normalidade. A Asociación de Escritores amosou o seu apoio a Fernández Paz, e non fixo o mesmo coa decisión da editorial. O que as diversas posturas reflicten é que, hoxe máis que hai dous anos, existe unha fenda entre parte dos creadores e parte dos xestores do traballo deses creadores.

felicitamos a Agustín Fernández Paz, máis grande que nunca, e agradecémoslle que nos retratase a todos, sen focos, nin cámaras, nin excesiva acción.

Moi ben expresado Xurxo!

Grazas por poñeres voz ás miñas opinións!







Comentarios (4) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 19-11-2010 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Se Ramón Piñeiro le#blgtk08#vantase a cabeza...
Comentario por A cruz da Campá (19-11-2010 23:59)
2 Que forte!! Sen#blgtk08# comentarios...
Comentario por Eva Lozano (20-11-2010 14:15)
3 Ben... o exemplo de Agustín e magnífico, pero difícil de seguir. Dicir que se acepta por s#blgtk08#er "institucional" xa deixa á vista as obrigas que Galaxia debe ter coa Xunta (penso eu).
Comentario por Eva Carpente (22-11-2010 18:01)
4 Faime graza o do rollo institucional, como se para Agustín a institución non#blgtk08# existise! Supoño que haberá cartos por detrás, o cal dá verdadeira mágoa.
Comentario por Xesús Constela (22-11-2010 18:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0