Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De volta
Logo dunha semaniña sen aparecer polo Tiñádelo que ver xa estou de novo por aquí.

Foivos unha semaniña de traballo intenso para ver de dar un necesario pulo á novela na que estou a traballar e que, por certo, aínda non ten título.

Cando nos vimos por última vez era o tempo do samaín e dende aquela pasaron moitas cousas.

Quizais a máis rechamante sexa a visita do Papa a Santiago, que parece que non tivo a afluencia de público que as autoridades agardaban (aquí unhas risas, non?)

Que me dicides das cousas que ese home soltou pola boca?

Que vos parece esa xoia de frase acerca das mulleres: "que a muller encontre no fogar e no traballo a súa plena realización"

Pero en que século vive este personaxe?

Mais por detrás da visita do Papa hai outra noticia que parece non dar moito que falar na prensa a pesares da súa gravidade: a situación de estrema violencia que está a vivir o pobo saharaui nos seus campamentos ante a pasividade do mundo enteiro.

Falaremos máis deste tema porque é algo que me quita o sono.







Comentarios (5) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 08-11-2010 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Con respecto ao do Papa, bueno para xustificalo, fala para os seus feligreses dandolle normas de pertenza ao seu "club". Menos mal que os seus feligreses cada vez son menos e os que lles quedan cada vez escoitano menos (por certo que diran as mulleres do PP a razón da perla). Con respecto ao do Sa#blgtk08#hara, non sei, hai conflictos, ocorreseme, por exemplo e salvando as diferezas o de Oriente Próximo, que como o do Sahara parece que non teñen solución. Non sei que dicir a verdade, a parte de que quen o sufre son as pobres xentes do Sahara, que son as únicas que non teñen culpa ningunha. Saudos.
Comentario por A cruz da Campá (08-11-2010 23:21)
2 Benvido e moitos ánimos coa novela, que xa temos ganas de lela!!
O do Papa non me sorprende, nin as súas palabras nin que non fose tanta xente. Xa víchedes aquí que pasou como un raio co papamóbil (récord do circuito!!) así que para iso mellor quedar na casa... Foi bonito poder ver como está a quedar a Sagrada Familia, que é un lugar espectacular!! E foi triste ver a aquelas rapazas en Santiago a berrar: "Este Papa mola, merece una ola", cutre a máis non poder...#blgtk08#
Estes días no Sahara están a vivir unha situación extrema, o conflicto reavivouse e a violencia volve a mostrar a sua peor cara. Como comenta hoxe Vázquez-Figueroa, que viviu alá ata os 16 anos: o conflicto acabará cando a poboación mora por extinción. Triste frase que esperemos non se chegue a cumprir. Aí fai moita falta que se implique a comunidade internacional, evidentemente, coma no conflicto palestino, eles no van chegar a ningún acordo mediante o diálogo.
Comentario por Eva Lozano (09-11-2010 13:53)
3 Sobre o Papa non quero falar, pero concordo en que ao fin fala para a súa xente e di as cousas que teñen como norma. Alguén terá que dicirlle a Freijolito que hai que casarse como Deus manda para con#blgtk08#vivir en parella.
O pobre pobo saharaui ten as cuosas bastante duras, moi duras. Semella que despois de tantos anos o remedio é claramente difícil, espero que non teña raón Vázquez-Figueroa.
Comentario por Eva Carpente (09-11-2010 18:48)
4 Sobre o Papa non quero falar, pero concordo en que ao fin fala para a súa xente e di as cousas que teñen como norma. Alguén terá que dicirlle a Freijolito que hai que casarse como Deus manda para con#blgtk08#vivir en parella.
O pobre pobo saharaui ten as cuosas bastante duras, moi duras. Semella que despois de tantos anos o remedio é claramente difícil, espero que non teña raón Vázquez-Figueroa.
Comentario por Eva Carpente (09-11-2010 18:48)
5 Realmente Xesús, estas notícias não repercutiram por aqui.
Nos dias atuais, cada vez há mais pessoas que deixaram de dizer "Amém" pra tudo. O Papa pode falar o que quiser, mas também pode ouvir o que não quer. Acredito que em vários aspe#blgtk08#ctos deve ser feito uma redefinição de conceitos.
Quanto ao povo Saharaui, quanta violência desnecessária. Não bastasse já todo o sofrimento que vem amargando este povo por decorridos anos.
Espero que se amenize tamanha crueldade.
Comentario por Solange Villamar Couto (09-11-2010 19:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0