Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da dobre moral do PP
Lembrades aquela frase famosa de José María Aznar contra dos que nos manifestabamos contra a súa desastrosa xestión da marea negra tras do afundimento do Prestige?

"Son perros que ladran su rencor por las esquinas"

Manda truco!

Hoxe Esperanza Aguirre dixo que impedir que a untradereita española e xente do propio PP insulte o presidente español na chamada "Festa nacional" do 12 de outubro á poñer trabas á liberdade de expresión!

Vaia unha dobre moral: "os delitos son delitos mentres non os fagamos nós. Se protestan os demais son cans a ladrar. Se o facemos nós somos abandeirados da liberdade de expresión."

E quede ben claro que non me importa o máis mínimo iso que chaman a "Festa nacional" e odio os desfiles militares, sexan en Madrid ou en Corea do Norte.

Quedo con aquela vella canción de George Brassens que cantaba en español Paco Ibáñez:
Cuando la fiesta nacional
yo me quedo en la cama igual,
pues la música militar
nunca me supo levantar
.

O que non aturo é a dobre moral.

De ningunha maneira podo con ela.

Comentarios (7) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 14-10-2010 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Manda truco que estos patriotas, desa patria de mentira por certo, se poñan a berrarlle ao presidente do g#blgtk08#oberno cando está homenaxeando aos caidos. Como se nota que son mulas sen a mais mínima educación. Saudos.
Comentario por A cruz da Campá (14-10-2010 22:22)
2 Sempre houbo un roto para un descosido e se fose ese señor que antes tiña bigote o que presidise o tal desfile, e se manifestasen os contrarios, be#blgtk08#n seguro que o comentario sería que "deben ir á cadea".

A min tampouco me gusta empregar dúas varas de medir.

Bicos.
Comentario por A nena do paraugas (15-10-2010 07:44)
3 No Brasil, o 12 de outubro comemorou-se o dia das crianças e, o dia da padroeira do Brasil, portanto, um dia religioso, e, consequentemente, como estamos a uns quinze dias de um segundo turno para finalizarmos as elei#blgtk08#ções para presidente e governador, o que não faltou pelas festas religiosas espalhadas pelo país, foram os políticos cara de pau, aproveitando-se da ocasião para pedir votos e mostrando descaradamente sua dobre moral!
Comentario por Solange Villamar Couto (15-10-2010 14:05)
4 Vaia novidade! ese é un defecto do propio ser humano. Sempre soubemos ver a palla no ollo alleo e sempre tivemos moitas dificultades para ver a viga no noso.
O dos bigotes padecía esta eiva mo#blgtk08#i acusada, a Esperancita faille boa compaña. Se temos que seguir co refraneiro podemos citar aquél que di que atrás de min virá quen bo me fará. Falando de políticos este último ten moita aplicación.
Comentario por Eva Carpente (15-10-2010 16:15)
5 O do desfile paréceme duns cantos séculos atrás, totalmente anacrónico, inútil e horrible, tantas armas levantadas, tanto tanque, que semella que están desexando empregalos... Algo terrible, escuro, macabro e vergoñento. Non podo aturar que se siga a celebrar, e pouco sentido me ten que sexa precisamente no día da patria ou como se cha#blgtk08#me, que semella que non se lles ocorre un acto mellor para celebrar tal día: non sei, que fagan un desfile de comunidades autónomas en traxe rexional, coas bandeiriñas, ou unha feira gastronómica con pratos típicos de cada recuncho, que polo menos lles prestaría... Sería unha horterada semellante, pero polo menos tería algo de sentido!
Comentario por Eva Lozano (15-10-2010 17:50)
6 Hai desfiles, tes razón, Eva que resultan dun anacronismo que dá medo. Esa é a palabra: medo é o que dan esas armas. Que#blgtk08#do con outras celebracións populares e moi sentidas que me gustan máis, o entroido, por exemplo. Esa é a miña favorita.
Comentario por Xesús Constela (18-10-2010 19:26)
7 A miña tamén, xun#blgtk08#to co San Xoán!!
Comentario por Eva Lozano (18-10-2010 20:21)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0