Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

A cadeira xigante de Moaña
Esta semana apareceu unha cadeira xigante (catro metros de alto) no cumio dun monte de Meira, no Concello de Moaña.

Trátase dunha cadeira de grandes dimensións que alguén instalou no lugar como experimento artístico para ver como era a reacción da xente.

A idea era que os autores da instalación quedasen no anonimato.

A reacción da xente foi moitísimo máis aló do que calquera puidese ter imaxinado.

Iniciouse unha auténtica peregrinación de veciños até o cumio do monte para ver a cadeira. Hai incluso quen bromeou cun "novo xacobeo laico".

Pero sabedes que pasou?

Pois pasou que o dono dunha inmobiliaria local (Campos y Celay) dixo que fora el quen instalara a cadeira no cumio do monte como xeito de publicidade!

E xornais, radios e televisións (non só galegos) fixérono pasar por autor da instalación artística.

Iso trastocou os plans iniciais dos promotores da obra, que querían manterse noa anonimato, e moi enfadados decidiron desmentir ao dono da inmobiliaria.

Os autores da xenial idea son Xulio Lago e Roberto Brañas, do grupo cultural Labra.

O seu obxectivo, segundo as súas palabras, era "pór no monte unha antena de arte que transmitise optimismo á xente".

O malo foi que se lles colou "unha interferencia inmobiliaria con moita cara e moi dura".

Benvida sexa a boa iniciativa dos artistas!
Comentarios (7) - Categoría: Casa Van Gogh - Publicado o 24-09-2010 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Como di o meu home "hay gente pa to". O da inmobiliaria xa se podia dar conta de que os autores non ian quedar calados. As ideas hai que patentalas, se non calquera listo" róuba#blgtk08#chas e queda tan ancho. A ver se cunde a idea e se van facendo cousas. Claro que tendo coidado de non danar restos que poideran ser importantes, que tamén se comenta algo deso.
Comentario por Eva Carpente (24-09-2010 21:18)
2 Já tinha visto uma cadeira grande aqui na cidade turística de Itu, em São Paulo, conhecida como cidade do exagero, onde tudo é grande, mas, uma com 4 metros de altura, essa é pra ninguém botar defeito!
Já viu que ninguém pode fazer nada no anonimato, que logo aparece um esperto para tirar proveito...Mas como se diz: "a mentira tem perna curta".
Se os dois autores da #blgtk08#idéia queriam chamar a atenção da vizinha, com certeza conseguiram até bem mais que isto, desmascarando uma imobiliária que por certo precisa de idéias roubadas para aparecer!
Ah, que coisa feia sr. proprietário da imobiliária!
Com certeza, uma cadeira deste tamanho e, ainda no alto de uma montanha, só poderia dar muito o que falar!
Achei sensacional a idéia!
Comentario por Solange Villamar Couto (24-09-2010 23:07)
3 Que algunhas, por non dicir todas as xentes das inmobiliarias, teñen a cara moi dura non #blgtk08#é noticia, por desgracia. Non hai mais que ver a que teñen liada por todo o pais. Saudos
Comentario por A cruz da Campá (25-09-2010 16:20)
4 Vina nun telexornal nacional, e aínda non sabían por que estaba aí, dun día para outro aparecera, xusto nun lugar ideal para divisar o outro lado da ría, fermosísima. Encántame a idea de que sexa unha especie #blgtk08#de antena para transmitir optimismo (eu mellor diría que para transmitir relaxación absoluta)!!
Vaia unha xente esta da inmobiliaria, non?
Un grolo por Xulio e Roberto e pola súa orixinalidade!!
Comentario por Eva Lozano (27-09-2010 15:42)
5 #blgtk08#
Comentario por Xesús Constela (28-09-2010 19:47)
6 Pois si, que vaia o grolo pola antena de optimismo! Debe de ser moi curioso ese lugar que dis en Sao paulo, non Solange? A respecto do que dis da destrución ou deterioro do patrimonio non teño maís noticias, Carpente, que o que apar#blgtk08#eceu nun diario dixital de dereitas que polo visto tamnén se escandalizou un pouco polo asunto da cadeira. Hai xente á que só lle gustan as poltronas. Xa me entendedes. Se sabes algo maís diso do patrimonio, por favor, faimo saber.
Comentario por Xesús Constela (28-09-2010 19:50)
7 O que sei é pola prensa, si que será de dereitas, pero quen protesta é o BNG e un grupo ecoloxista. Tamén#blgtk08# sei que xa están desmontando todo porque anclaron nunhas ruinas de algo que xa estaba catalogado, seica.
Comentario por Eva Carpente (28-09-2010 21:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0