Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Outono n'A Coruxa

tes o misterio
das cousas
que se desfondan

e marchan
e rompen
e caen
e se estragan
e se lixan
e podrecen

do que aparece
e logo desaparece

e xordes coma un soño
e enches os días de gris
e choves coma os ollos dunha viúva

viúvo
do sol
ti

cando
unha folla
vai caendo
paseniño
e anuncia
que
chegou o tempo
de saltar pucharcas
para andar

(Por certo, que A Coruxa é o nome do lugar onde vivo)
Comentarios (6) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 23-09-2010 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Qué lindo entretenemento escribiches, tamén é linda a foto e o #blgtk08#nome do lugar onde vives... moi enxebre. Eu vivo na Porteliña.
Comentario por Eva Carpente (23-09-2010 21:46)
2 Gostei muito do poema Xesús!
O outono parece ser bem assim... Cheio de mistérios e de encantamentos!
Vou citar mais uma vez em seu blog uma frase de Carlos Drummond de andr#blgtk08#ade:
"Repara que o outono é mais estação da alma do que da natureza".
Por isso que eu considero que o outono é muito individual, e, faz nossa imaginação voar com as folhas.
Comentario por Solange Villamar Couto (23-09-2010 21:58)
3 Fermoso poema e fermosa foto: a esas cores me refería...
Por certo, tedes #blgtk08#moitas coruxas na Coruxa? porque na Porteliña tiñamos ata na casa, lembras, mamá?
Comentario por Eva Lozano (24-09-2010 08:16)
4 Non sei se hai coruxas. Pouco monte queda. De todos xeitos creo que o nome non vén do animal senón do tipo de chan pedregoso que abunda polo lugar. A Coruxa caeu pres#blgtk08#a dunha verdadeira explosión inmobiliaria que parece non ter tregua. Mires cara onde mires hai urbanizacións en construción. En poucos anos isto deixou de ser rural.
Comentario por Xesús Constela (24-09-2010 13:43)
5 Lembro as coruxas que tódolos anos criaban baixo as tellas da nosa casa(elas chegaron #blgtk08#antes que nos) o problema tíñalo ti xa ques gustaba moito a tua ventá. Qué aventuras!
Comentario por Eva Carpente (24-09-2010 21:11)
6 ;) Que medo pasaba...
Isto de vivir no campo depende donde é un problema, tes razón, porque de súpeto a todo o mundo se lle ocorre a mesma cousa e ao final acabas vivindo nun barrio residencial semellante a unha cidade... Aquí é moi diferente, polo tipo de pobos que #blgtk08#hai, concentrados, tan distantes e diferenciados, menos mal...
Podedes ver o meu dende o ar na foto de perfil do grupo "Gent d'Altet" do Facebook(http://www.facebook.com/group.php?gid=46880090918&ref=ts)Faltan catro casas contadas, nada máis... (somos 100 habitantes)
Comentario por Eva Lozano (27-09-2010 08:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0