Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da cruzada de Gloria Lago
Velaí a tedes nunha foto co conselleiriño de educación.

Gloria Lago.

Presidenta un enxendro malchamado Galicia Bilingüe, unha asociación creada co único obxectivo de perseguir a lingua de nós.

Que é o mesmo que dicir perseguirnos a nós.

Primeiro foi o ensino do galego nas escolas e institutos.

Agora vén de denunciar o que ela chama "ideoloxización nacionalista" dos colexios públicos.

E ameaza con acudir aos tribunais "se a Xunta non resolve de xeito satisfactorio" a "politización das webs" dos Equipos de Normalización Lingüística.

Tire a carauta da cara, señora Lago.

Nin bilingüe nin nada que se lle pareza.

Vostede odia o galego.

Que é coma dicir que nos odia a nós.

E quizais a vostede mesma tamén.

Unha lástima!
Comentarios (6) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 15-09-2010 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Iso de Galicia Bilingüe non é un enxendro, simplemente é mentira. A lingua de Galiza é o Galego (a non ser que galego veña da palabra gintonic, que non creo que se#blgtk08#xa o caso) lle guste ou non a paleta esta. E vouno deixar, Xesús, porque se me vai quentar a boca e non é prudente non me vai acusar de sabe deus que o bicho este.
Comentario por A cruz da Campá (15-09-2010 19:23)
2 Malia o título do seu blogue; ver estes dous xuntos é demasiado pra#blgtk08# os meus ollos e a miña sensibilidade... saeme un proido no lombo.
Comentario por Antón (15-09-2010 20:07)
3 Se non fose tan triste o panorama, era como para pedirlles "que se besen". Hoxe andaba el#blgtk08# consejero gozando na prensa das gabanzas europeas plurilingües. ¡Unha lástima, si señor!
Comentario por rdf (15-09-2010 21:06)
4 Lástima de tempo perdido. Con esta tropa dame a min que a prudencia de "A cruz da Campá"#blgtk08# elle moi necesaria, igual os mestres non están libres de seren outra vez represaliados.
Comentario por Eva Carpente (15-09-2010 22:22)
5 Sigo sen entender o que pasa en Galiza, como pode haber xente así, como pode haber unha maioría social que concorda con estes pareceres tan ilóxicos. Onte escoitaba unha noticia: o goberno boliviano, onde se falan 34!!! linguas diferentes, vén de acudir ao modelo vasco e catalán para adecuar o ens#blgtk08#ino á realidade social e así non perder tanta cultura como teñen. Deume moitísima pena que en ningún momento falaran de Galicia, e non me estraña, porque o noso modelo debe de ser o peor de todos os territorios bilingües do planeta... Se o que intentan facer non é discriminación que mo expliquen.
Comentario por Eva Lozano (16-09-2010 12:22)
6 Sobre isto xa dixen moito, hai moito tempo e creo que de#blgtk08#bo morder a lingua dunha vez. XA!

Saúdos.
Comentario por A nena do paraugas (18-09-2010 15:03)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0