Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Bali 14: Abandonarmos a illa
Chegou quizais o intre de abandonarmos a illa de Bali.

Non credes?

E farémolo con esa fonda pegada que xa vos dixen que a illa deixa no corpo e na mente (non utilizo a palabra alma a propósito porque non gosto nada das súas connotacións relixiosas)

Abandonamos Bali ao ritmo dunha orquestra gamelán cos seus sons repetitivos que poden levarnos da man cara a algún estraño lugar onde os soños non son soños senón realidade e as almas (aquí si que uso esa palabra) de verdade voan de corpo en corpo, polo que a morte (tanto a nosa coma as dos demais) é soamente un vulgar pesadelo do que sempre podemos espertar.

Abandonamos Bali e levamos no corazón unha boa manda de peixes de milleiros de cores que van voar polo teito do nosos cuartos cada vez que a trasfega diaria das nosas vidas tan ateigadas de actividades nos impida concilar o sono e non nos deixe durmir (ouh, que reparadora a noite ben durmida!)

Abandonamos Bali co nariz cheo de arrecendos que nunca sentiramos, o salitre das ondas a romper teimudas nas areas negras, o incienso da derradeira ofrenda que se cruzou connosco no camiño, o ananás que degustamos no noso almorzo da mañá, a papaia, a banana, o fume da cremación que liberou a alma de quen sabe cantos descoñecidos cos que só coincidimos neste intre en que os seus corpos acabarán sendo moreiñas de cinzas que logo serán botadas ao mar...

Abandonamos Bali cos ollos cargados de luz, azul intenso de ceo, gris de nube que descargará augas de monzón, verde intenso de variedades mil, arrozal, xungla, palmeiral, platanal...

Abandonamos Bali pero levamos nos oídos as converas amábeis de moitas persoas que quixeron falar connosco polo mero pracer de conversar, porque descoñecían as orixes da lingua que falamos, porque nin sequera eran quen de situar nun mapa a Península Ibérica, porque da Unión Europea só sabían que era unha organización que acuñaba euros... E preguntaron non só por preguntar...

Para que vou querer eu saír de Bali se aquí teño todo canto necesito, díxome un día Dore, un mozo que nos levou na súa lanchiña pola costa da illa de Lembongan para nos ensinar un arrecife de coral. E díxome isto porque lle preguntei se nunca saíra de Bali. Nós non somos coma vós, espetoume deseguido. Non somos coma vós. Díxomo así, con esas palabras, pero sen desprezo ningún, non vaiades pensar.

Quizais sexa verdade.

Quizais sexa verdade e os balimeses teñan na súa illa todo canto poidan necesitar.

Pois que sexa así por moito tempo.

Por moito tempo!
Comentarios (5) - Categoría: Anotacións balinesas - Publicado o 06-09-2010 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Já que tenho que abandonar Bali, vou ver se consigo fechar a mala:
1º) Coloco o mar de Bali para que ele acomode todo o restante;
2º) A dedicação do povo para com seus mortos e seus deuses;
3º) O encanto da dança dos olhos e dos dedos das maõs, e as cores espalhadas por Bali;
4º) A simplicidade das p#blgtk08#essoas que crê, e, vivem profundamente aquilo que creêm;
E, por fim, fecho minha mala com o inesquecível e colorido pôr do sol.
Coube tudo na minha mala e enriqueceu meus conhecimentos.
Obrigada Xesús, por esta viagem, cheia de encantamentos, curiosidades, sabedorias e expectativas.
Foi bom demais!!!
Comentario por Solange Villamar Couto (06-09-2010 20:52)
2 Que casalidade que xustamente o luns á noite repetiron o programa sobre Bali de "Callejeros Viajeros", que xa vira hai tempo. Non é coma a túa reportaxe, máis profunda, pero si que axuda a entender mellor as túas palabras. Vin os micos, a zona "rica" dos surfistas, os merc#blgtk08#ados, as ofrendas por todas partes, as xentes tan amables e felices... Graciñas, Xesús, por compartires con nós esta experiencia tan rica, e que teñas unha boa volta á realidade do novo curso!! Aquí xa comenzaron onte as clases...
Bo final de verán a todos!!
Comentario por Eva Lozano (08-09-2010 09:39)
3 Foi unha excelente viaxe e unha boa reportaxe. Achegáchesnos a un mundo diferente.
Grazas#blgtk08#.

Agora volvamos ao de sempre, pero con novas expectativas.

Bicos.
Comentario por A nena do paraugas (08-09-2010 10:14)
4 Se a alguén teño que agradecerlle algo é a vós, que seguistes as miñas anotacións día tras día. Moi ben "fechada a mala", Solange! Eu tamén vin o outro día o capítulo ese de "Callejeros viajeros" e hei confesarche, Ev#blgtk08#a, que a relaidade é moito mellor ca ese documental. De verdade. Só puiden ver o final, de todos xeitos. O curso novo comeza en breve e, tes razón, Nena, é momento xa de "volver ao de sempre". Grazas por estardes aí.
Comentario por Xesús Constela (08-09-2010 13:52)
5 Graciñas a ti por unirnos en torno ás #blgtk08#túas sempre interesantes anotacións!!
Comentario por Eva Lozano (08-09-2010 20:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0