Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Bali 13: Receita do nasi goreng
Esta vai ser o meu penúltimo artigo acerca de Bali, á espera dunha reflexión final.

Quixera facervos chegar a receita do nasi goreng tal coma ma deu un balinés do que xa temos falado: Wayan Ariana.

O nasi goreng é un prato de arroz que se come en toda Indonesia. É moi doado de facer e está delicioso.

Ingredientes:
Arroz fervido (ou pasta fervida, preferentemente fideos asiáticos aínda que podedes usar espaguetis normais e correntes. De facelo con pasta o prato chámase mie goreng)
1 ou 2 dentes de allo
1 ou 2 ovos
carne de polo moi troceada
cebola, cenoura e pemento cortados en tiras
unhas follas de leituga
(ou doutras verduras similares)
sal
un pouco de kecap manis
(unha salsa indonesia que se pode substituir perfectamente por un pouco de salsa de soia)

Se dispoñedes dun wok usádeo porque resulta mellor para facerdes as verduras. De non ser así podédelo facer nunha tixola grande.

Fritides en aceite abundante (non vos pasedes) os ingrdientes por este orde:
1º allo, cebola, cenoura e pemento (sen deixar que se pasen)
2º a carne
Despois mesturades todo no caeite e botades dentro os ovos batidos e engadides tamén as follas de leituga ou doutras verduras troceadas.
Dádeslle a todo unhas voltas no wok e engadides entón o arroz ou a pasta fervidos e o kecap manis ou a salsa de soia e o sal (ollo, que as salsas xa levan)

E xa está listo para comer.

(Se queredes podedes engadir tamén gambas peladas ou carne doutra clase no intre de fritirdes o polo)

Os indonesios sérveno cuberto por unha tortilla.

Bo proveito!
Comentarios (9) - Categoría: Anotacións balinesas - Publicado o 03-09-2010 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 A verdade é que só ver o prato xa convida. Algo semellante prepara meu fillo á#blgtk08#s veces, pois é un gran aficionado á comida oriental.

Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (04-09-2010 06:50)
2 Co que me gusta a min a cociña e co que me gusta preparar novos pratos, este hai que probalo. E#blgtk08#spero que estea bo, pois senon a muller despois dos ultimos fracasos ponme as maletas na porta.
Comentario por A cruz da Campá (04-09-2010 11:30)
3 Estou seguro de que vos vai saír ben e de que #blgtk08#repetiredes. Xa o veredes. Ánimo e a cociñar!
Comentario por Xesús Constela (05-09-2010 15:02)
4 Muito rico este prato! Colorido, provavelmente de baixa caloria, apetitoso,#blgtk08# e, o melhor, fácil de fazer...
Pretendo fazer esta receita também!
Comentario por Solange Villamar Couto (05-09-2010 16:24)
5 Engádome á idea de cociñalo. Encántame a comida oriental, e isto ten que estar m#blgtk08#oi bo. Eu comín arroz ao estilo indonesio algunha vez, pero con moito picante...
Comentario por Eva Lozano (06-09-2010 11:25)
6 O do pocante, Eva, depende só do gusto do consumidor. Alégrame que vos unades aos#blgtk08# que cociñaremos nasi goreng. Será coma facer un brinde culinario por todos nós.
Comentario por Xesús Constela (06-09-2010 19:04)
7 O do pocante, Eva, depende só do gusto do consumidor. Alégrame que vos unades aos#blgtk08# que cociñaremos nasi goreng. Será coma facer un brinde culinario por todos nós.
Comentario por Xesús Constela (06-09-2010 20:41)
8 O do pocante, Eva, depende só do gusto do consumidor. Alégrame que vos unades aos#blgtk08# que cociñaremos nasi goreng. Será coma facer un brinde culinario por todos nós.
Comentario por Xesús Constela (06-09-2010 20:42)
9 fiz um parecido, só sem pimenta!
A primeira vis#blgtk08#ta ficou bonito como este...Teria que sentir o sabor!!
Comentario por Solange Villamar Couto (07-02-2011 20:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0