Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Bali 11: De templos mil
Xa vos falei dos milleiros de templos que enchen a paisaxe de bali por todos os recunchos, pero quixera resaltar a beleza dalgúns deles teren deixado en min unha fonda pegada:

Goa Gajah ou Cova do elefante (século XI): Segundo conta a lenda Kebo Iwafue, o elefante xigante creou a cova cunha unlla. Accédese á cova a través da boca dun demo enorme esculpido na pedra. Neste lugar réndese culto ao deus Ganesh, que ten corpo de home e cabeza de elefante.

Gunung Kawi: Está formado por dez santuarios excavados na rocha nun lugar de moi difícil acceso. Son unhas hornacinas xigantes e non sabería dicir por que pero resultan un tanto desacougantes, quizais polo lugar onde se atopan, ao fondo dun val... Non sei. Pero resultan abraiantes.

Pura Tirta Empul: Un templo de augas miragreiras. Varios mananciais enchen de auga unhas fermosísimas piscinas de pedra chea de musgo a través das bocas de varios monstros e a xente báñase nelas para se purificar. E falo de centos de persoas. Impresionante. É un dos templos máis importantes de Bali. (a foto que vos achego é deste lugar)

Ulun Danu Bratan: Dedicado a Dewi Danu, a deusa das augas, e construido sobre pequenas illas no lago Bedugul. É un lugar de peregrinación para pedir que os labregos de todo Bali teñan auga abondo para as súas colleitas. Puiden asistir un dos días de pregrinaxe e non o esquecerei nunca. Milleioros e milleiros de persoas debaixo dunha chuvia incesante e mesta.

Pura Tanah Lot: construído nunha illa á beira da costa do sur, no Océano Índico, é quizais o lugar máis fotografiado de Bali, cousa que non me estraña nadiña de nada, porque tanto o templo como a costa que o acolle son dunha beleza singular.

Nunca esquecerei a pegada que deixaron en min estes lugares pola súa singularidade.

Quizais sexan a mellor representación da curiosa e ás veces misteriosa alma desta illa de Bali.
Comentarios (3) - Categoría: Anotacións balinesas - Publicado o 01-09-2010 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Algo terán esas terras que engaiolan os seus edificios. Tódolos edificios relixiosos teñen o seu toque místico, pero hai algúns que, ben sexa polo enclave ou p#blgtk08#olo que sexan, deixan a un coa boca aberta.

E iso que eu visítoos desde National Geographic ou Dicovery Chanel, pero...

Saudiños.
Comentario por A nena do paraugas (02-09-2010 05:59)
2 O entorno, a pedra, a vexetación, a antigüidade, a arte, o#blgtk08# fervor... Non me estraña que produzan tantas sensacións!!
Comentario por Eva Lozano (02-09-2010 12:35)
3 Quizais o máis rechamante deses lugares, ademais do emprazamento, sexa que todos están rodeados dunha rede #blgtk08#de lendas e historias (coma as noass catedrais medievais). Nada está onde está por azar nin por estética.
Comentario por Xesús Constela (03-09-2010 17:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0